Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 19 atopámola citada co nome completo e tamén coa forma abreviada que prescinde do segundo elemento: «en el Carvallo», «en el Carvallo do Pazo», «lugar del Carballo», «en el Carvallo do Pazo y Quarto do viño», «sitio del Carballo do Pazo». Deste topónimo procede un apelido ac- tual Carballo , que no século XVIII aparecía sempre precedido de pre- posición e artigo ( do Carballo ): «Antonio do Carvallo», «Gregorio do Carballo vezino da Presa». Os dous elementos que compoñen o topónimo O Carballo do Pazo son moi comúns na toponimia galega. Carballo é un nome de orixe prerromana, estendido por todo o noroeste peninsular (galego carballo ; asturiano e leonés carbayo , carbajo ; portugués carvalho …). A palabra latina correspondente para designar esta árbore ( robur, roborem ), aínda que chegou a deixar restos na toponimia ( Reboredo , Reboreda etc.), en galego sucumbiu fronte á vitalidade do nome autóctono carballo , que mesmo segue a competir con roble no castelán falado en Galicia. No Nomenclátor de Galicia o carballo está presente no nome de máis dun cento de entidades de poboación, sen contar os tamén abundantísimos derivados ( Carballedo , Carballeda , Carballeira , Carballal …). Pazo procede do latín PALATIU . Na Alta Idade Media designaba a construción principal dun lugar, de pedra, polo regular de planta baixa e polo menos un sobrado, aínda que non se tratase propiamente dun palacio ou dun pazo tal como entendemos hoxe o termo. Pazo e Pa- zos (coa variante Pacio , Pacios , característica do galego de Lugo e do norte de Ourense) dan nome en Galicia a máis de trescentas entidades de poboación. É así mesmo moi abundante na toponimia do norte de Portugal ( Paço , Paços , usado tamén como apelido, por veces coa grafía non etimolóxica de Passo , Passos ). Hai outro topónimo idéntico, O Carballo do Pazo , na parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra. Nun documento do ano 1529, faise referencia na parroquia de Bea- de a unha propiedade chamada Casal da Iglesia «como vay do Carba- llo dos lobos porla estrada arriba». 2 Descoñecemos se este Carballo dos Lobos é unha denominación alternativa do Carballo do Pazo ou se designaba un lugar distinto (en cuxo caso, aparentemente non sobre- vive na actualidade). Si semella ser unha denominación alternativa do 2 Citado por Elisa Ferreira (1988): Los caminos medievales de Galicia . Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial, 92.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1