Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 18 04. Barallas, As ▶ Os nomenclátores inclúen entre as entidades de poboación da pa- rroquia de Beade As Barallas , que non constitúe un núcleo definido se- nón que propiamente é unha área de hábitat disperso situada ao norte da rúa das Chabarras e ao oeste do Camiño Real ata o límite coa parroquia de Castrelos. Hoxe a vía central desa área é o Camiño das Barallas , e ao oeste construíuse a autovía que conduce ao campus universitario, a cal segue no seu trazado nesa zona a demarcación entre Castrelos e Beade, onde dous topónimos, o Muíño de Abaixo das Barallas e o Muíño de Arriba das Barallas , gardan lembranza de muíños situados nesa área. Na toponimia galega repítese con relativa frecuencia o topónimo Ba- ralla ou A Baralla (media ducia de entidades de poboación, ademais da parroquia e do concello de Baralla, en Lugo). Para algúns destes topó- nimos, coma para o madrileño Barajas , Corominas defendeu un étimo a partir do latín VARALIAM ‘tecido de varas, sebe, valado vexetal’, mentres que Edelmiro Bascuas e outros autores sosteñen unha orixe prerroma- na, a partir dunha raíz hidronímica VAR - ‘auga’, que tamén estaría en barcia e barxa e en topónimos como Baredo . Cabe aínda unha terceira posibilidade, pois existiu no galego medieval un substantivo de orixe xermánica baralla ‘contenda, disputa’, que puido aplicarse a posesións que foron obxecto dalgún litixio, de xeito que é posible que o nome ti- vese orixe nalgunha disputa territorial, dada a condición estremeira do lugar, ao leste da prolongación que a parroquia de Castrelos introduce cara ao sur, entre as de Matamá e Beade. A esa prolongación fai quizais referencia o nome do Espigón das Barallas , onde se situaba o Marco do Espigón das Barallas , que aparece mencionado na demarción de Cas- trelos no Catastro de Ensenada como o fito que marca o linde entre esa parroquia e a de Beade. Ese catastro recolle o topónimo con vacilación na grafía: «sitio das Barallas», «sitio de las Barallas», «das Varallas». No mesmo catastro rexistrámolo como apelido ou sobrenome toponímico: «Narciso das Barallas». 05. Carballo do pazo, O ▶ O Carballo do Pazo é outra das entidades de poboación incluí- das na parroquia de Beade. No século XVIII , no Catastro de Ensenada,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1