Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 17 Tamén aquí é moi probable que Babio sexa o nome antigo do río. A propia morfoloxía do topónimo reforza esta idea, pois o sufixo ou ter- minación en - io (ou - ia ) é moi común na hidronimia prerromana, isto é, nos nomes de lugar relativos ás augas que teñen a súa orixe nas linguas faladas no noroeste antes da chegada do latín. Atopamos esta mesma terminación noutros hidrónimos prerromanos como Amio , Limia , Ba- mio , Umia , Ulla (< U L - IA ), Miño (< M IN - IO ) etc. Esta raíz hidronímica BAB- está presente tamén noutros topónimos galegos de probable significado hidronímico (todos eles están á bei- ra dun río) e orixe prerromana: Babío , lugar e parroquia (Sta. Marta) do concello de Bergondo (A Coruña); Babenzo , lugar da parroquia de Bastavales, concello de Brión (A Coruña); Babela , lugar da parroquia de Distriz, concello de Monforte de Lemos (Lugo); e Babión , lugar da parroquia de Bugallido, concello de Negreira (A Coruña). Non con- tén esta raíz BAB-, malia a aparencia, o nome da comarca leonesa de Babia , que se rexistra como Vadabia na documentación medieval. A dobre solución - io / - ío que observamos no Babio de Beade e mais no Babío de Bergondo é paralela á que atopamos noutros hidrónimos prerromanos ( Naraío-Naraia ; Navia-Navea , Oia-Uía , Maia-A Maía etc.). O lugar de Bergondo chamado Babío rexistrámolo na documenta- ción medieval cunha referencia explícita a unha fonte do mesmo nome, situada no lugar, en consonancia co valor hidronímico da raíz BAB-: «sicut vadit per sub ecclesiam Sancte Marthe ad fontem de Babio sicut currit contra montem de Royz» (ano 1218). Un río francés documentado como «flumen Babio» en textos do sé- culo VII é probablemente o río coñecido hoxe como Bave , na Dordoña. O toponimista Albert Dauzat (1982: 27) vincula o nome deste río cun- ha raíz hidronímica gala (isto é, celta) da cal derivan tamén o francés común bave ‘baba’ e ‘lama’. No Catastro de Ensenada, de 1752, figura repetidamente documen- tado este topónimo, con vacilación nas grafías de B e V, como nome da entidade de poboación, do seu monte comunal e mais do río: «sitio de Babio», «lugar de Bavio», «en el monte de Babio», «río Babio», «río de Bavio». Nese mesmo catastro infórmasenos de que, dos dez muíños fariñeiros que había na parroquia de Beade, catro deles eran coñeci- dos polo nome deste río: «otro [molino] nombrado de Babio en dicho río», «otro del mismo nombre de Bavio en el citado río», «otro (...) de la misma denominación y río de Bavio», «otro del propio nombre y el mismo río».

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1