Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 16 «lugar da Balde», «lugar da Valde». E a mesma vacilación aparece no apelido correspondente: «Antonio de Abalde», «Antonio da Balde», «Gregorio Alonso da Valde», «Pedro de Avalde» etc. Desde a creación do Rexistro Civil na década de 1870, a grafía do apelido tendeu a regularizarse maioritariamente como Abalde . No topónimo, non obs- tante, aínda perdurou a vacilación gráfica durante o século XX . No Nomenclátor de 1910 figuraba como Balde , e a mesma grafía aínda se rexistraba no de 1996, polo que tamén aparece esporadicamente na rotulación viaria e noutras fontes escritas. Na sinalización pública municipal, na rúa de Abalde aínda se conservan rótulos coa grafía errada de «Rúa da Balde» e mais «Rúa do Balde», que deberían ser corrixidos. 03. Babio ▶ Babio é o nome doutro dos núcleos de poboación tradicionais da parroquia. E tamén é un topónimo singular, pois o único núcleo de poboación que rexistra o Nomenclátor de Galicia con ese nome é este da parroquia de Beade. No mapa parroquial consta esta forma en varios topónimos: Babio de Abaixo e mais Babio de Arriba (núcleos habita- dos), o Cruce de Babio (núcleo habitado), os Muíños de Babio (o Muíño de Arriba e o Muíño de Abaixo ), o Río de Babio (curso fluvial) e mais Ao Lado do Río de Babio (nome dunha propiedade). É habitual que un mesmo nome se aplique indistintamente a nú- cleos habitados e mais ao río que pasa polas súas inmediacións, pois en moitos casos as pequenas correntes fluviais son denominadas por referencia ao lugar que bañan. Pero tamén é frecuente o contrario, que sexa o nome do río o que dá nome ao lugar, e mesmo pode suceder que o nome antigo do río se teña perdido e sobreviva unicamente como nome dun núcleo de poboación ou lugar. É o que acontece, por exem- plo, co nome da veciña parroquia de Sárdoma , que conserva o nome primitivo, de orixe prehistórica, do río principal do val de Fragoso, o cal aparece comunmente como río Sárdoma na cartografía e na docu- mentación antigas ata comezos do século XX (como nome de todo o río, porque outras denominacións alternativas, como a que acabou por converterse no nome habitual na actualidade, río Lagares , só designa- ban tramos concretos do seu curso).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1