Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 15 deixou restos na toponimia galega e portuguesa) 1 ou unha simple va- riante deste nome. Pero contrariamente ao que sucede con Baldus , este Abaldus ou Avaldus non foi un nome moi usual na nosa onomástica medieval: non figura no dicionario de nomes hispánicos de orixe xer- mánica (J. M. Piel e D. Kremer: Hispanogotisches Namenbuch , Hei- delberg, 1976) e na documentación antiga unicamente rexistramos un individuo así chamado ( Avaldus ) que asina como testemuña nun docu- mento de Celanova do ano 922. É probable que tamén se poida datar neses tempos de finais do primeiro milenio o momento en que viviu o personaxe que deixou vestixio do seu nome no topónimo Abalde actual. No traballo de campo recolléronse os seguintes topónimos en que está presente esta forma: Abalde (entidade de poboación), a Rúa de Abalde (vía pública na mesma zona), a Fonte de Abalde (fonte) e a Pon- te de Abalde ou a Ponte de Eifonso (na estrema con Bembrive). Fóra deste topónimo Abalde , en Beade, o único exemplo que co- ñecemos da pegada do antropónimo Abaldus na toponimia é o nome dunha aldea do concello pontevedrés de Silleda (parroquia de Parada) chamada Portodabalde (Porto + de + Abalde). Hai tamén un Vilabalde no concello lugués de Sober, que poderiamos interpretar como «Vila Abalde» pero tamén, máis verosimilmente, como «Vila Balde», pois esta é a forma máis documentada do nome, sen o A- inicial, igual ca no nome da parroquia de Balde , no concello ourensán de Carballeda de Avia. O topónimo Abalde deu orixe ao apelido toponímico corresponden- te. Dado que este nome do lugar constitúe un unicum , isto é, non existe outro topónimo idéntico, pódese afirmar que todas as persoas apelida- das Abalde teñen a súa ascendencia remota neste lugar da parroquia viguesa de Beade. O censo de 2006 recolle arredor de 2200 persoas con ese apelido en Galicia, a maior parte das cales non se afastou moi- to do núcleo orixinario, pois cerca do noventa por cento (unhas 1900) figuran censadas no concello de Vigo. O Catastro de Ensenada (1752) vacila na representación gráfica des- te nome: «A Balde», «en el lugar de Abalde», «situazion da Abalde», 1 Por exemplo: Balde en Carballeda de Avia (Ourense), outro Balde en Baião (na cidade do Porto), Vilabalde en Sober (Lugo) etc.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1