Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 160 4. Zootopónimos ou topónimos que fan referencia á fauna: Camiño da Anguía, O Cabreiro, A da Cabra, O Falcoído, A Galiñeira, O Galo- macho, A Gabianceira, A Grila, A Toba do Lobo, O Chan da Merla, As Moscabeiriñas, A Moucha, Camiño do Múa, A Peixiña, A Perica, O Pombal, A Vaca Morta, A Xouba etc. 5. Haxiotopónimos ou topónimos que fan referencia aos santos e aos cultos relixiosos: Cruz, Cruceiro, Casa do Cura, Lugar do Crego, Os Franciscanos, A Recapilla etc. 6. Topónimos relacionados coa agricultura, cos tipos de poboamento e con outras obras e actividades humanas: A Coutada, A Pouleira, Os Poulos, Saa, Saa do Monte, Os Borralleiros, O Caramuxo, O Carto doViño, Casmarcelo, Casa, Lugar, A Cavada, A Cachada, As Vesadas, As Asucadas, O Chouso, O Cocho, Camiño do Concello, A Cortiña, A Devesa, A Devesiña, Dimadeus, O Eido Vello, Muíño (os diversos muíños), A Eira, A Eira Vella, O Enxido (Eixido), As Granxas, A Latiña, Marco Grande, As Pardiñeiras, O Pazo, Os Pazos, O Pío, A Pousa, A Venda, A Quinta, A Resteba, A Telleira, O Torreiro, A Traída, O Vala- diño, A Vila etc. 7. Antropotopónimos ou topónimos derivados de nomes persoais: Abalde, Beade, Quintián, Os Abriles, A dos Alonsos, A Aparicia, Volta Bernalda, A de Bertolo, Casmarcelo, Río de Eifonso, Ponte de Eifonso, Marinasia, O Roupeiro e os numerosos topónimos de pro- pietario que conteñen un nome ou un alcume persoal ou familiar. 8. Topónimos viarios, relativos ás vías de comunicación: O Porto, Sua- porta, As Portaleiras, A Brea, Calzo do Seixo, Catro Camiños, Cami- ño Real, Canicouva, Carreiro, A Carreira, A Corredoura, Cruz, Ponte de Abalde, Ponte de Eifonso, A Estrada, Pasales, A Quirincosta, Ca- miño da Costa da Rúa, Volta etc. 9. Nun último apartado poderiamos incluír os topónimos que respon- den a motivacións distintas das expresadas nos anteriores: posición relativa ( A Boavista, A Miragaia ), formas das propiedades ( As Man- guelas, A Rabela, Ardemán ), topónimos relacionados coa vixilancia do territorio ( O Facho, O Velouro, As Talaíñas ), topónimos anecdóti- cos, topónimos conmemorativos etc.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1