Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 158 Cos romanos modificouse o modo de asentamento da poboación, que abandonou os castros situados nas elevacións e estendeuse polo val en pequenas explotacións agrícolas autosuficientes e dispersas, e foise configurando un tipo de ocupación do territorio que se mantivo sen grandes alteracións ata o final da Idade Media. Dese período, co- rrespondente ao primeiro milenio e aos séculos iniciais do segundo, han de proceder os topónimos formados co xenitivo dun nome persoal, coma o propio nome de Beade , que vén dun nome de orixe latina, isto é, romana, ou o do núcleo de Abalde , que por ser resultado dun nome de orixe xermánica debemos datalo con posterioridade á chegada dos suevos no século V . Nese período medieval deberon consolidarse ta- mén moitos topónimos relativos á vexetación, ás vías de comunicación ou ao aproveitamento das augas. Desde finais do século XVI produciuse outra gran transformación da paisaxe de Beade coa difusión do millo, unha especie procedente de América. Moitas terras bravas ou de monte foron amansadas para dedi- calas a ese novo produto, e nese proceso naceron topónimos que con- teñen os termos cavada, cachada, rotea, tomada e semellantes, que fan referencia a terras de monte gañadas para o cultivo. O monte comunal aberto foi reducindo así as súas dimensións, pois parte del foi obxecto de expropiación para crear as chamadas devesas reais (véxase o topóni- mo devesa ) e outras áreas foron repartidas entre a veciñanza en parcelas que acabaron muradas ou pechadas (de aí topónimos como Coutada, Chouso, Tapada etc.) para o cultivo do millo ou cultivos alternativos de millo e mais centeo ou outro cereal (véxase o topónimo Resteba ). Ata o século XIX , en que se suprimiron os señoríos, a propiedade da terra correspondía polo regular a señores laicos ou eclesiásticos sen re- sidencia na parroquia, que tiñan arrendadas as terras aos seus usuarios a cambio dunha renda ou foro. Das anotacións conservadas correspon- dentes a eses foros posuímos hoxe documentación escrita relativamen- te abundante que permite seguir con certo detalle a historia particular de moitos topónimos. A progresiva fragmentación das propiedades deu orixe a moitos no- mes de lugar novos, os mais deles formados a partir dun nome, ape- lido ou alcume de posesor, que constitúen o tipo máis numeroso da toponimia actual. Moitos deles son de data relativamente recente, pois en ocasións o nome, apelido ou alcume aínda continúa sendo a deno- minación común da familia propietaria; outros, en cambio, teñen polo menos dous ou trescentos anos de antigüidade, pois xa se rexistran co nome actual en documentos do século XVII ou XVIII .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1