Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 14 na parroquia sometidas a foro. A parroquia de Beade estaba daquela encadrada dentro da «justicia y regimiento de la villa de Bouzas». Nesa data había no territorio da parroquia 165 casas, catro delas arruinadas, e dúas tabernas públicas. Como vimos, a pertenza de Beade á xurisdición de Bouzas durou ata o ano 1833. A partir desa data, Beade foi integrada no concello de Lavadores ata 1941, en que Lavadores foi anexionado a Vigo. No Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de Pascual Madoz (1845) lese: Beade (San Esteban de): feligresía en la provincia de Pontevedra (6 leguas), diócesis de Tuy (3 1/2) partido judicial de Vigo (1) y ayuntamiento de Lavadores (¾); situada en una frondosa campiña, con clima templado y sano; tiene 210 casas formando distintos grupos y una escuela privada que frecuentan 60 niños, pagando cada uno un ferrado de maíz al año. (...) El terreno, en las 200 fanegas destinadas al cultivo, es de buena calidad, y en la dehesa nacional se encuentra una robusta arboleda de robles. Los caminos son locales y malos; el correo se recibe de Vigo. Productos: maiz, vino, trigo, patatas, algunas frutas y pastos; cría ganado, prefiriendo el vacuno, y alguna caza. Desde que temos información demográfica, Beade conta cunha densidade de poboación relativamente alta. En 1571 a freguesía tiña 39 veciños (cabezas de familia). O Catastro de Ensenada (1752) computa na parroquia 159 veciños e 750 almas (habitantes). En 1813 son 164 os veciños. En 1845, segundo o dicionario de Madoz, 209 veciños e 1050 almas. O Nomenclátor de 1910 atribúelle 1590 habitantes. No censo de 1940 eran 2644. Hoxe supera os 5000. 02. Abalde ▶ O topónimo que identifica o núcleo de Abalde procede, igual ca o propio nome da parroquia, dun nome de posesor medieval. Neste caso, do nome dun individuo chamado Abaldus ou Avaldus , que debeu de vivir neste lugar entre os séculos V e X . Pola terminación en - aldus podemos interpretalo como un nome suevo ou visigodo, de orixe xer- mánica. Naturalmente, isto non quere dicir que fose necesariamente de orixe sueva ou visigoda a persoa que portaba ese nome. Abaldus podería ser unha forma composta cun segundo elemento Baldus (nome de orixe xermánica, relativamente común na Alta Idade Media e que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1