Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 157 U nha ollada de conxunto á toponimia de Beade permite identificar nela estratos que corresponden a diferentes momentos da historia da paisaxe da parroquia. A paisaxe actual de Beade, resultado da presión demográfica exer- cida polo veciño conglomerado urbano de Vigo, ten pouco parecido co aspecto que debía presentar séculos atrás. A progresiva edificación converteu moitos camiños tradicionais en vías públicas urbanizadas e borrou moitos trazos das motivacións que orixinaron os nomes dos lugares, nun proceso que en moitas áreas tamén volveu difusa a fron- teira entre os diversos barrios ou núcleos tradicionais da parroquia. No pasado a ocupación do espazo era sen dúbida moi distinta. Desde os tempos máis remotos, aínda que seguramente xa había un intenso apro- veitamento agrícola das terras fértiles, só se cultivaban as áreas cincun- dantes dos núcleos habitados, que habían de ser moi poucos, e cabe supoñer unha paisaxe primitiva dominada polo monte e polo arboredo, o que, unido á irregular orografía de todo o val do río que na docu- mentación histórica aparece como río Sárdoma, xustifica a milenaria denominación de Fragoso que recibiu seguramente desde o tempo dos romanos. Algúns topónimos que sobreviven na actualidade teñen in- contestable orixe prehistórica, prerromana, como Babio ou Sárdoma , que foron inicialmente hidrónimos ou nomes de ríos. Moitos outros to- pónimos de Beade conteñen palabras da lingua que se falaba nestas te- rras antes da chegada do latín, mais non sempre estamos en condicións de atribuírlles unha idade bimilenaria só porque conteñan algunha de- sas palabras, pois moitas delas ( barro, barxa, carballo, coto ...) sobrevi- viron no latín e permaneceron no galego séculos e milenios despois de desaparecida a lingua da cal proviñan. A historia de Beade na súa toponimia 4

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1