Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 155 derivado colectivo xestal está presente en Beade nos seguintes topóni- mos: Camiño do Xestal (vía pública na Gándara), O Xestal (terras de arboredo na Gándara) e O Xestal (propiedade edificada na Pena, entre o camiño do Lombeiro e o camiño da Boavista, tamén coñecida por al- gúns veciños como a Casa sen Tellado ). O Xestal da Gándara rexístrase co mesmo nome no Catastro de Ensenada: «En el sitio de Xestal». Xoanela O Camiño da Xoanela é o nome dunha vía pública na Coutada. No final dese camiño atópanse as terras de labor chamadas A Xoanela , e nelas unha fonte así mesmo coñecida como a Fonte da Xoanela . Xoa- nela pode ser un diminutivo do nome persoal Xoana , pero semella máis probable que sexa un feminino adxectival ( A Xoanela = A de Xoanelo ou do Xoanelo ) creado a partir dun nome masculino de propietario Xoanelo , diminutivo de Xoán (< I OHANNEM ). A Fonte da Xoanela é tamén coñecida coa denominación alternativa de Fonte dos Vilas . Xouba, A A Xouba de Arriba é unha casa con terreo no camiño da Vaca Mor- ta, no barrio da Coutada. A Xouba de Abaixo é o nome dun campo de cultivo, alongado e disposto de norte a sur, que estrema co terreo da asociación de veciños de Beade, tamén na Coutada. Aparentemen- te conteñen o substantivo común galego xouba ‘sardiñiña’, quizais a partir do seu emprego como alcume de propietario, quizais nun uso metafórico alusivo ao tamaño e á forma das propiedades, mais non dispoñemos de información nin atestacións antigas do topónimo que poidan confirmalo. Xues, A do Xues e Sues semellan adaptacións do substantivo castelán juez ao galego local de Beade, de xeito que o nome da propiedade chamada A do Xues ou A do Sues , situada no camiño das Presiñas, en Babio,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1