Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 154 Un diminutivo A Viñiña dá nome a un terreo de forma alongada, edificado, situado á beira dos Castiñeiros, no Carballo do Pazo, preto do depósito da auga. Suaviña (nome dunha casa e os seus terreos no camiño dos Barros, preto da fonte de Dimadeus) é un composto mediante a preposición so - ou su - (< latín SUB ) e significa propiamente ‘debaixo da viña’ (Sub-a-Viña). Viragaia ▶ Miragaia, A Visorio, A de Coñécese como A de Visorio un campo de labradío que ocupa a área que vai dende a estrada da Coutada ata o camiño da Barreira, no ángulo que forman estas dúas vías antes de chegar á Volta do Demo, estremando co campo coñecido como A de Villar. A de Visorio contén aparentemente un nome insólito Visorio . Podería ser unha alteración, con cambio de xénero, de A Divisoria . Volta Volta , en orixe participio feminino do verbo volver (< latín VOLVE - RE ), é a denominación tradicional dunha curva nun camiño. Os topó- nimos que conteñen este nome son, polo tanto, topónimos viarios. Velaquí unha relación das voltas das vías de comunicación de Beade que deixaron pegada na toponimia (para o segundo elemento remiti- mos a cadanseu apartado): a Volta Bernalda ou a Volta Bernaldo , xunto coas Coutadas da Volta Bernalda , a Volta Correa , a Volta da Camila ou a Volta do Can Grande , a Volta das Veigas e a Volta do Demo ou a Volta dos Demos . Xan Correa ▶ Correa Xestal, O Os topónimos relativos á presenza ou á abundancia do arbusto cha- mado en galego xesta (< latín GENESTAM ) son moi comúns en Galicia. Un

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1