Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 153 veciños. Así sucede, por exemplo, con A Porta da Vila na parroquia de Coia ou Pardavila (< Pedra da Vila ) na de Lavadores. Ao mesmo tempo, os lugares chamados A Vila orixinaron o correspondente sobrenome (e despois apelido) Da Vila, Davila ou simplemente Vila , un dos apelidos característicos do val de Fragoso, e ese apelido puido volver usarse como nome de lugar en topónimos de propietario. En Beade a chamada Fonte do Tallo , en Babio, era tamén coñecida como a Fonte da Vila , de onde tomaba o seu nome o Camiño da Fonte da Vila (hoxe camiño de Suafonte) e mais a área denominada a Fonte da Vila , que corresponde aos campos e ao grupo de casas situadas fronte ao actual camiño de Suafonte, en Babio, onde tamén se atopaba a Presa da Fonte da Vila . En cambio, debe o seu nome a un apelido de propietarios a fonte denomi- nada Fonte dos Vilas , na Coutada, tamén coñecida como A Xoanela ou a Fonte da Xoanela . Villar, A de A de Villar é o nome dun campo de labradío que vai dende a estrada da Coutada ata o camiño da Barreira, no ángulo que forman estas vías antes de chegar á Volta do Demo. Contén un apelido Villar , forma cas- telanizada correspondente ao galego Vilar , apelido de orixe toponímica (do latín VILLAREM ). Viña, A A presenza do substantivo viña (< latín VINEAM ) na toponimia de Bea- de é bo indicio da importancia da viticultura na vida tradicional da parroquia. Ademais dos topónimos mencionados ao tratarmos do nome da área denominada O Cu da Viña (véxase), está presente este substan- tivo nos seguintes: A Viña Vella ou A Miña Vella (campos de labradío no final do camiño do Xestal, na Gándara) e o Camiño da Viña Vella ; A Viña Terrestre e A Viña do Soto (na parte baixa do camiño de Casmar- celo); AViña do Demo ou AViña da Volta do Demo (conxunto de viñas en pendente á beira da estrada da Coutada, á man dereita, próximas á curva coñecida como a Volta do Demo) e A Viña Ancha (onda a rúa de Saa, entre A Redonda e OValadiño, no lugar coñecido como As Breas).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1