Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 152 Vaca Morta ▶ Morrer, Morte Veiga Veiga é unha palabra de orixe prerromana, común ao galego, ao portugués e ao castelán ( vega ) e de significado orixinariamente hidro- nímico, pois designa as terras cultivadas situadas na beira dun curso de auga. Por extensión, en moitas zonas de Galicia veiga pasou a ter un valor xenérico equivalente a agro, eido ou leira ‘terra labradía’. Temos este substantivo nos topónimos As Veigas do Muíño (extensión de terras cultivadas a continuación dos Preiros en dirección a Bembrive e por detrás das Fanchonas, que chegan ata a estrema con Bembrive, no río de Eifonso, e continúan en territorio desa parroquia) e o Camiño das Veigas do Muíño (camiño en Abalde que conduce ás Veigas do Muí- ño). En Abalde tamén está a Veiga do Outón ou as Veigas do Outón , e á beira destas as Veigas de Abaixo e mais O Cochiño das Veigas de Abaixo . Tamén recibe o nome da Volta das Veigas unha volta ou curva pronunciada no Caramuxo, na rúa do Falcoído, no Porto. Velouro ▶ 09. Facho, O Venda ▶ 20. Venda, A Vesada ▶ Cavada Vila O galego vila procede do latín VILLAM , que en orixe designaba unha explotación agrícola coa súa vivenda, outras dependencias e as terras inmediatas, un significado semellante ao que ten na actualidade lu- gar na toponimia de Beade. Mais tarde vila pasou a designar calquera núcleo de poboación, especialmente os que presentaban certa traza urbana, e con ese significado sobreviviu no uso popular durante sé- culos, independentemente da consideración oficial como villa (tiñan esa consideración Bouzas e Vigo). En ocasións, o lugar identificado polos veciños como A Vila (o lugar da igrexa parroquial, ou o máis importante da parroquia, ou onde se celebra un mercado...) era coñe- cido por outro nome, pero a referencia á vila sobreviviu nos topónimos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1