Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 151 auga que antigamente pasaba por ese lugar. O substantivo traída , que dá nome ao sistema de conducións e acometidas de auga aos domici- lios, formouse co participio do verbo traer . Tranqueiro, O Reciben o nome de O Tranqueiro unhas terras situadas a ambos os lados da estrada do Porto, en Quintián, inmediatas ás coñecidas como A Galiñeira . É probable que o topónimo teña relación co significado co- mún de tranqueiro , que os dicionarios definen como «Pau groso ou ba- rra de ferro que se emprega para asegurar por dentro unha porta, ventá etc.», quizais referido a algunha cancela ou a unha entrada atrancada con paus. En calquera caso, dado que non posuímos outra información, non podemos desbotar a posibilidade de que Tranqueiro fose orixina- riamente un alcume ou un sobrenome. Tranqueiro é derivado de tranca ‘barra’, palabra de orixe xermánica. Treístas Camiño de Treístas é o nome que figura no rótulo da vía pública que, segundo os informantes locais, era coñecida tradicionalmente como camiño da Freixa ou da Feixa (véxase Freixa, Feixa ). Ignoramos a orixe e o significado dese Treístas que dá nome ao camiño. Os propios informantes locais que residen nas inmediacións tampouco saben cal foi a razón de que na documentación municipal aparecese con ese nome. Cabe a posibilidade de que teña orixe nun erro de escritura ou de lectura por Freixas . Valadiño, O Son coñecidas como OValadiño varias propiedades que se estenden ao longo da rúa de Saa, á beira da área coñecida como As Breas. O Valadiño comeza a continuación da Viña Ancha e remata antes do res- taurante chamado Danubio Azul. Valadiño é un diminutivo de valado (< latín VALLATUM ) ‘muro que cerca unha propiedade’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1