Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 150 (do latín t ˘ ubam , t ˘ ubum , t ˘ ubariam ) son denominacións comúns en galego para a cova onde aniñan certos animais. Tol, Atol ▶ 16. Presas, As Torreiro, O O Torreiro é o nome duns campos próximos á estrada da Venda, onde unha vía transversal recibe a denominación oficial de Camiño do Torreiro . O torreiro da parroquia é, no galego suroccidental, o espazo aberto e común, a xeito de praza, onde se celebra a festa e outras acti- vidades comunais. Propiamente é un derivado de terra , orixinariamente terreiro , con alteración da vogal átona da primeira sílaba (en portugués úsase terreiro , e esta é tamén a forma do galego estándar). Como este significado non cadra coa localización do topónimo, cabe supoñer que estamos ante un derivado común de terra , coa mesma alteración vocá- lica, posiblemente relativo ás características do solo deses terreos. Tam- pouco podemos desbotar a posibilidade de que o topónimo tivese orixe nun alcume ou nun sobrenome Torreiro , e entón estariamos ante un exemplo máis dos numerosos topónimos de propietario da parroquia. Touza, Toucelos Os dicionarios explican o substantivo galego touza como «terreo cerrado, con vexetación de árbores ou mato alto» (DRAG). Garda correspondencia con bouza , que designa o terreo bravo con monte baixo e matorral. Son palabras de orixe prerromana. Para touza suponse un étimo * TAUTTIA , posiblemente da raíz indoeuropea TEU - ‘inchar, cre- cer’. Temos un derivado masculino con sufixo diminutivo no topónimo Os Toucelos , nome duns terreos, marioritariamente de arboredo, por baixo do camiño das Castiñeiras, fronte ao camiño do Orxal. Traída, A ATraída é a denominación dun pequeno carreiro que sae do camiño de San Correa, na Gándara. Recibe o seu nome dunha condución de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1