Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 149 Telleira, A Denomínase hoxe A Telleira ou A Tilleira unha ampla extensión de campos de labradío que comezan no camiño do Concello e se esten- den entre o camiño das Sueiras e o camiño da Pereiriña. O topónimo é un derivado de tella (< do latín TEGULAM ) e probablemente fai referen- cia á industria do barro para a construción ou á arte dos cavaqueiros , mais non sabemos se directa ou indirectamente. Na actualidade non hai vestixios evidentes desa industria, coma noutros lugares chamados A Telleira que conservan os fornos e a alta cheminea, polo que supo- ñemos que o topónimo pode facer referencia a outro tipo de vestixios, mais tamén pode provir dun apelido ou dun sobrenome de propietario Telleiro , aplicado a alguén que tiña ese oficio. Terrible, O ▶ Dorindo O Terrible Tía Sabel ▶ Sabel Tiburcio A de Tiburcio ou a Finca do Tiburcio ( Tibursio , co seseo local) é o nome dunha propiedade privada no camiño do Corcho, en Saa. Tibur- cio é a forma común ao galego e ao castelán dun nome do santoral católico, san Tiburcio, mártir da antiga Roma. Toba do Lobo, A Este nome contén a única referencia ao lobo (< latín LUPU ) na to- ponimia de Beade, mais talvez non foi motivado pola presenza deses animais no lugar, senón que máis probablemente se aplicou en sentido figurado. A Toba do Lobo era unha cova ou unha oquidade situada nunha depresión do terreo no camiño de Alén, na primeira volta desa vía pública na entrada máis próxima ao colexio da Coutada. Entre edi- ficacións, aínda subsiste nesa volta un pequeno recanto, máis fondo ca o camiño, con algunhas árbores e mato. Segundo a veciñanza, alí agocháronse fuxidos nos tempos da Guerra Civil. Toba, tobo e tobeira
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1