Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 148 espontaneamente para desginar áreas que conteñen terras pertencentes a diversos propietarios (cada un denomina a súa propiedade co singular e interpreta que debe ser plural o nome do conxunto). Con todo, en tanto non poidamos confirmar esta explicación do to- pónimo con documentación escrita antiga, debemos admitir a posibi- lidade de que A Sueira fose en orixe un feminino adxectival formado a partir dun nome ou dun apelido de propietario Sueiro (A Sueira = A de Sueiro). O galego Sueiro e o castelán Suero , procedentes dun latín medieval SUARIUS , tiveron uso como nomes persoais na Idade Media, e deles procede o apelido patronímico Suárez , común a ambas as lin- guas. Sueiro é tamén apelido patronímico galego formado a partir dese nome, neste caso sen sufixo. Suguiñas, As As Suguiñas é un campo a carón da Corredoura, no camiño da Lati- ña, no Porto. As Suguiñas Pequenas situábanse un pouco máis ao sur e desapareceron co trazado do segundo cinto de circunvalación. Carece- mos de documentación escrita que permita interpretar correctamente este topónimo. Podería tratarse dunha alteración dun primitivo Suviñas , isto é sub + viñas . Mais tamén é posible que conteña unha variante de Xuguiñas , diminutivo de xuga , nome de certa clase de xugo (‘peza con que se aparellan os bois para arar’). A xuga é un xugo longo e estreito, e foi quizais a semellanza da forma da propiedade (alongada e estreita e cun entallamento no centro) o que motivou o topónimo. Talaíñas ▶ 09. Facho, O Tanasóns, Os A Presa dos Tanasóns é unha presa no camiño de Alén, na Coutada, a pouca distancia da fonte de Chanes. Os Tanasóns é o alcume familiar da familia que empregaba a presa. Descoñecemos a motivación e o significado deste nome. Ha de ser un topónimo de creación relativa- mente recente, dado que os informantes actuais identifican a familia así chamada.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1