Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 13 coincidencia dos nomes, estoutro Beade do Ribeiro era Encomenda da Orde dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, tamén chamados do Hospital ou de Malta, e esa Encomenda de Beade (do Ribeiro) casual- mente tiña intereses e propiedades no territorio da parroquia viguesa, especialmente nas terras lindeiras con Sárdoma e Castrelos, pois nesta última parroquia exercía señorío esa orde militar, que tamén señoreaba o lugar de Moledo, o cal aparece na documentación do Antigo Réxime como dependente da parroquia de Beade (hoxe pertence a Sárdoma). O primeiro documento en que rexistramos o nome da parroquia é, como se dixo, un escrito de delimitación dos territorios pertencen- tes ao bispo e ao cabido de Tui datado a mediados do século XII . No parágrafo que se transcribe a continuación, extraído dese documento, aparece citada «in Terra de Fragoso» a parroquia de Beade xunto coas de Santo André de Comesaña, Santiago de Bembrive, Santiago de Vigo e San Salvador de Teis: «in terra de Fragoso ecclesie Sancte Andree de Comesania medietas, Sancti Stephani de Biadi tres partes cum cauto suo, Sancti Iacobi de Benevivere integra cum cauto suo; Sancti Iacobi de Vigo integra cum cauto suo, Sancti Saluatoris de Teix integra cum ipsius regalengo» (ano 1156). A finais do século XII o rei Fernando II confírmalle ao bispo de Tui don Bertrando ou Beltrán a súa posesión dos coutos de Beade e de Bembrive: «cautos vestros de Benevivere et de Biady in terra de Frago- so » (ano 1179). Case un século máis tarde rexistramos o primeiro párroco de Beade de nome coñecido. É un tal Xoán apelidado Pais , Páez ou Paz ( Pelagii en latín, patronímico do nome Pelagius ‘Paio’) e alcumado Corvacho , que asina como testemuña nun documento do mosteiro de Santa María de Oia: «Johannis Pelagii dictus Corvacho clericus de Biade » (ano 1266). Na documentación antiga atopamos o topónimo con diversas grafías: Biade , Biadi , Biady , Viade , Veade . Desde o século XVI xa comeza a fa- cerse común Beade , pero a vacilación gráfica persistiu ata o século XIX . Nas Respostas xerais do Catastro de Ensenada (1752), indícasenos que a freguesía de Beade «es de señorio y perteneze al ylustrissimo obispo y cabildo de Tuy», a quen pagan, cando falece un veciño cabeza de familia, o dereito de loitosa, consistente «en la mejor rez (sic) de ga- nado o alaja del difunto». Estaban exceptuados deste tributo os veciños establecidos nas terras do directo dominio do convento de San Domin- gos de Pontevedra, que como veremos tiña abundantes propiedades
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1