Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 147 Sorrego ▶ Rego, Regueiro Soto, A do ▶ Souto Souto Souto (< latín SALTUM ) é o nome común con que se designa en galego un arboredo de castiñeiros. Está presente no topónimo O Souto (nome dunha horta no camiño de Suafonte, no lugar dos Cruceiros, en Babio). Souto do Chan («Souto de Chan» nos rótulos) é o nome dunha ampla extensión de campos no barrio de Babio, no Lugar da Estrada, que á súa vez contén Souto do Chan de Arriba , Souto do Chan de Abaixo e mais a Fonte de Souto do Chan (hoxe denominada oficialmente e de maneira errada como «Fonte de Dimadeus») e o Camiño de Souto do Chan . Este último é o que se coñecía antigamente como camiño de Dimadeus (véxase). Souto é tamén común como apelido de orixe toponímica. Moitos dos apelidos galegos Souto foron castelanizados como Soto , e é esta forma, procedente dun apelido de propietario, a que conteñen os topónimos O Soto (unhas terras na estrada da Venda, pasando a fonte do Toural, en dirección ao Porto), A do Soto (propiedade contigua ao Lugar do Ramón dos Pinos, na beira do camiño do Concello) e mais AViña do Soto (pro- piedade na parte baixa do camiño de Casmarcelo, en Abalde). Suaviña ▶ Viña Sueira, Sueiras A Sueira é o nome dunha área de campos de labradío arredor do Ca- miño das Sueiras e entre este e o camiño do Concello, no Carballo do Pazo. Aparentemente contén un composto mediante o substantivo eira precedido da preposición sub (latín SUB AREAM > galego sueira ou soeira ‘debaixo da eira’). Como os topónimos con ese prefixo non adoitan le- var artigo (Su-eira, non A Sueira), o emprego do artigo neste caso sería adventicio e de creación recente, síntoma de que o topónimo deixou de ser transparente no seu significado para a veciñanza. O plural As Sueiras tampouco é tradicional, e explícase coma outros plurais nacidos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1