Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 146 Seixo ▶ 19. Seixo, O Seixiños ▶ 19. Seixo, O Señor Diego ▶ Diego Serín, A De É coñecida como A de Serín unha propiedade, con casa e terreo, no camiño do Riomao, na Gándara. Contén un apelido Serín , proba- blemente de orixe toponímica. O Nomenclátor de Galicia recolle dúas localidades chamadas Serín , cuxo nome procede do xenitivo dun nome persoal latino S IRINUS , pero están ambas na provincia de Lugo, polo que non parecen constituír o foco orixinario deste apelido, que só ten pre- senza significativa no concello de Redondela. Serra O Camiño da Serra é o nome dunha vía que sobe desde a estrada da Coutada á estrada dos Seixiños. Debe de tratarse dun topónimo relati- vamente recente, pois cremos que o substantivo serra ten o significado de ‘artefacto para cortar madeira’ e que se refire a unha industria da madeira situada preto da parte alta do camiño. Sobreiros, Os Sobreira ou sobreiro son nomes comúns galegos que designan a ár- bore de nome científico Quercus suber . Esa é a denominación máis estendida, mais tamén se coñece como cortizo, corticeira, corticeiro, sufreiro etc. A forma masculina sobreiro (< latín SUBERARIUM ) está presen- te na toponimia de Beade en Os Sobreiros (terras de labor contra o final do camiño do Cu da Viña) e O Sobreiro (terras de labor nos Cruceiros). Coma noutros moitos casos, a forma do primeiro topónimo era orixi- nariamente o singular. Así se confirma no Catastro de Ensenada: «lugar de Sobreiro», «lugar do Sobreiro», «donde se nombra sobreiro», «en el campo do Sobreiro», «sitio do Sobreiro».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1