Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 145 Costa da Gándara, rúa da Cavada, rúa da Lagoa, rúa da Pouleira, rúa das Chabarras, rúa das Sueiras, rúa de Abalde, rúa de Ramiro Pascual, rúa de Saa, rúa de Saa do Monte, rúa do Castañal, rúa do Coto, rúa do Laranxo, rúa do Lombeiro, rúa do Seixo. Sa, Saa ▶ 18. Saa Sabel O nome persoal feminino Sabel ( Sabela , Isabel ) está presente na to- ponimia de Beade no Lugar da Tía Sabel , área situada onda o grupo de casas chamado A dos Barros , no camiño dos Barros. É un topónimo de propietaria. O substantivo tía de que vai precedido era un tratamento popular de respecto para mulleres casadas. Sanchavella, A A Sanchavella é un terreo, na actualidade de monte, no Seixo, en Saa, a carón da hoxe chamada Canteira de Ramiso. Se non se trata dunha alteración dun primitivo sacha vella (cun primeiro elemento sa- cha ‘cavada, cachada’), é probablemente un topónimo de propietario, pois semella conter o nome persoal SanchaVella , ou Sancha aVella , coa forma feminina do sobrenome ou do apelido Vello (os apelidos orixi- nados en sobrenomes tiñan flexión de xénero, masculino e feminino, como vimos en Franco/Franca e outros). Con todo, tamén podería ser un feminino adxectival formado a partir do nome masculino (equiva- lente a ‘A de Sancho Vello’ ou ‘de Sancho o Vello’). O emprego de Vello como sobrenome, posteriormente consolidado como apelido, foi común en casos de homonimia de nome e de apelido entre dúas persoas, polo regular oposto a Mozo ou Novo . Na actualida- de o apelido Vello adoita escribirse cun B non etimolóxico ( Bello ) ou, máis raramente, foi castelanizado como Viejo . Sancorrea ▶ Correa
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1