Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 144 documentación do século X é un nome habitual, mais no XI xa caeu en desuso (a última persoa chamada Rauparius que recolle o Codolga está nun documento de Celanova do ano 1031), polo que os topónimos formados a partir dese nome podemos datalos con anterioridade ao ano 1000, aproximadamente. O Nomenclátor de Galicia recolle media ducia de entidades de poboación cun nome derivado deste nome per- soal Rauparius , que presentan a mesma forma do nome ( Roupeiro , O Roupeiro ) ou ben o resultado do seu xenitivo en latín, coma no nome da parroquia de Roupar (< R AUPARII ), no concello lugués de Xermade. Na parroquia viguesa de Matamá hai outro lugar chamado O Roupeiro , e tamén había na parroquia de Santiago de Vigo unha aldea así chama- da, hoxe integrada na zona urbana, onde se mantén o topónimo como nome dunha rúa. En Beade está presente nos nomes de dous lugares que en realidade constitúen un único topónimo: O Roupeiro (núcleo habitado na rúa de Saa) e o Camiño do Roupeiro (vía pública no mesmo lugar). Algúns autores teñen defendido para todos ou algúns dos topóni- mos Roupeiro e O Roupeiro un significado equivalente ao de ‘xastre’, co argumento de que os que levan artigo ( O Roupeiro , e non Roupei- ro simplemente) deben de ser nomes comúns. Pero o uso do artigo con nomes propios de persoa é habitual en galego, e ese uso tamén se reflicte na toponimia (pénsese por exemplo no nome do concello da Gudiña, que leva artigo e está formado por un nome persoal feminino Gudiña < GOTINA ), e ademais algúns dos lugares chamados O Roupeiro na actualidade atopámolos documentados no latín medieval como Villa de Raupario . En calquera caso, na súa orixe remota, a raíz ou o primei- ro elemento do nome persoal Rauparius tamén está emparentada co substantivo roupa , que é así mesmo de orixe xermánica. Rúa Fóra do nome do Camiño da Costa da Rúa , á beira da igrexa e do cemiterio parroquiais, o substantivo común rúa só ten presenza na to- ponimia de Beade como nome xenérico ou primeiro elemento dunha serie de vías públicas máis anchas ca as consideradas oficialmente ca- miños . Velaquí a relación de rúas da parroquia do rueiro ou da guía viaria elaborada pola asociación de veciños: rúa [da] Alza, rúa [da]

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1