Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 143 e desde alí polo omano que discorre desde Verducedo e ata onde ese omano entra no outro omano ’). En Vigo, o resultado dun antigo RIVUM OMANUM sería Riomán , mais a interpretación do segundo elemento do topónimo como o adxectivo mao, mau ‘malo’ foi o que provocou o resultado actual Riomao . Na fala local o topónimo rexístrase indistintamente con artigo e sen el ( Rio- mao, O Riomao ). No territorio de Beade está presente este nome nos seguintes topónimos do barrio da Gándara, na estrema coa parroquia de Bembrive: a Fonte do Riomao , o Regato do Riomao , o Lavadouro do Riomao e mais o Camiño do Riomao . Responden á mesma motivación os nomes das entidades de poboación chamadas (O) Riomao nas pa- rroquias de Lavadores e de Cabral. Romeu, O O Romeu é un nome dunha área habitada próxima á Coutada, onde unha vía pública recibe oficialmente o nome de Camiño do Romeu . En galego romeu ten dúas acepcións. Por unha banda é nome dun- ha planta aromática de flores azuis ( Rosmarinus officinalis ); por outra, é equivalente a ‘romeiro, peregrino’. Con este último valor, e empregado como sobrenome, acabou consolidándose como apelido coas formas Romeu ou Romeo , con frecuencia castelanizadas en Romero . En Vigo e arredores, non obstante, eses apelidos teñen maioritariamente orixe toponímica, e proceden da localidade da parroquia de Coruxo cha- mada O Romeu , de aí que na documentación antiga aparezan sempre precedidos de preposición «Fulano do Romeu». O topónimo O Romeu de Beade non se rexistra no Catastro de Ensenada (1752), polo que deducimos que probablemente non existía daquela e naceu máis tar- de, por referencia a un propietario coñecido polo sobrenome ou polo apelido de Romeu ou Do Romeu , oriúndo do mencionado lugar de Coruxo. Roupeiro, O Existiu na Alta Idade Media un nome persoal Rauparius , de ori- xe xermánica, que tivo uso relativamente frecuente en Galicia. Na

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1