Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 142 como A Coutadiña . Contén o adxectivo galego rengo ‘coxo, [persoa ou animal] que coxea’. A alteración de G en K tras nasal ( Rengo~Renco ) é paralela da que vimos en Manguelas~Manquelas , fenómeno fonético propio das áreas de gheada. Debe de tratarse dun exemplo máis de topónimo formado a partir dun alcume de propietario. Rica, A O segundo elemento do topónimo O Cano da Rica (véxase cano ) é moi probablemente un alcume de propietaria, formado a partir do adxectivo común rica ou acaso como flexión feminina dun apelido Rico (A Rica = A de Rico ou A do Rico). Ríos Velaquí unha enumeración dos topónimos de Beade que conteñen o substantivo xenérico río (< latín RIVUM ). Para a etimoloxía do nome específico, remitimos á entrada correspondente: Río de Babio , Río da Barxa , Río de Eifonso , Río de Abalde , Río do Foxo , Río de San Cibrán , Río Lagares (río Sárdoma). Unha casa e os seus terreos situados no ca- miño dos Cañotais, por riba dos muíños de Babio, recibe o nome de Ao Lado do Río de Babio , segundo os seus propietarios. A área chamada As Barxas, na Costa da Gándara, é coñecida tamén como O Río . Para Riomao , véxase o apartado seguinte. Para os nomes doutros cursos fluviais, véxase Rego, Rega, Regato, Regueiro . Riomao Na toponimia galega existen numerosos exemplos de ríos deno- minados Mao . Os máis deles conteñen no seu nome o resultado dun hidrónimo de orixe prerromana que rexistramos como omanum ou omano no latín da documentación medieval, empregado como nome común para designar un curso fluvial: «per pinna que dicitur Burgaria et per archam et deinde in omano qui discurrit deVerduzedo et ubi ipse omano in alio omano intrat » (‘pola pena chamada Burgaria e pola Arca

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1