Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 141 co portugués relva , un termo derivado do verbo relvar (< latín RELEVARE , usado co significado de ‘deixar a poula un campo, deixar a barbeito’). Os dicionarios desa lingua definen relva como «vegetação espontânea que serve de pasto ao gado ou que se colhe para o alimentar». A expli- cación de As Relfas a partir desta etimoloxía é verosímil, mais presenta dificultades fonéticas, pois o esperable en galego sería tamén relva e non coa consoante - f - que ten o topónimo. Resteba, A A Resteba é o nome dunha propiedade alongada no camiño das Barallas, en Babio. Contén o substantivo común galego resteba ou res- treba ‘segunda colleita anual dun terreo cultivado’, ‘terreo que se volve arar tras a primeira colleita para dedicalo a unha segunda’. No século XVIII , o Padre Sarmiento definía así esta palabra no seu Catálogo de vo- ces y frases de la lengua gallega : «Resteba. Significa la segunda semen- tera. En Pontevedra, después de haber cogido el trigo o centeno, se ara y se siembra o maíz o mijo menudo o panizo u otro fruto, en la misma tierra». O propio Sarmiento suxire unha etimoloxía de resteba : «Acaso porque la esteba o arado vuelve». Ribas, As As Ribas é un conxunto de campos de labradío por debaixo dos Campos do Medio, entre A Coutada e Abalde. As Ribas de Arriba están ao sur, mentres que As Ribas de Abaixo se sitúan máis ao norte. As Ri- bas é tamén o nome dunhas propiedades ao oeste do camiño do Cu da Viña, entre As Guinchoeiras e As Cavadiñas. Estes topónimos conteñen o substantivo riba (< latín RIPAM ‘ribeira’), quizais motivado pola situa- ción destes campos a ambos os lados do rego dos Borralleiros, mais Ribas ( Rivas ) tamén podería ser un apelido de propietario. Renco O Campo do Renco é o nome dun terreo edificado na rúa da Cavada, nas inmediacións da curva máis pronunciada desta vía, coñecido tamén

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1