Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 140 Rego, Rega, Regato, Regueiro Rego é un substantivo común en galego que cos seus derivados e compostos ten abundante presenza na toponimia. É un hidrónimo que designa pequenos cursos fluviais ou conducións de auga debidas á man humana. Este nome ten orixe probablemente céltica (* REKU ), mais na práctica confluíu cos derivados do verbo latino RIGARE > gal. regar . Té- molo precedido da preposición so - (< latín SUB ) no topónimo Sorrego (que propiamente significa ‘por debaixo do rego, na parte de abaixo do rego’), presente na Presa do Sorrego , situada nas Cerqueiras, que servía para regar os campos tamén chamados Sorrego ou Os Sorregos . Un feminino A Rega dá nome a unha área do monte comunal de Beade, ao sueste das Pedras do Outeiro. Toma o seu nome do regueiro que baixa por ese zona. Son tamén derivados de rego os substantivos regato e regueiro , pre- sentes asemade na toponimia de Beade para denominar correntes flu- viais. O primeiro témolo nos seguintes hidrónimos: o Regato do Cara- muxo (no Porto), o Regato do Chouso (atravesa os Campos da Pousa, no Porto), o Regato de Fontefría (no monte de Beade) e o Regato do Riomao (véxase Riomao). O derivado regueiro está presente no topónimo O Regueiro , deno- minación dun campo na rúa de Saa, entre As Granxas e o Roupeiro. O Regueiro de Abaixo é o nome dunha propiedade por debaixo do aparcadoiro que hai diante do edificio da asociación de veciños, na Coutada, por onde pasa un pequeno regato tamén denominado O Re- gueiro de Abaixo . O diminutivo Regueiriños dá nome a unhas terras de monte próximas á Casa de Campaneiro, no Porto. O camiño da Cachada, na Pena, ten tamén a denominación alternativa de Camiño dos Regueiriños . Para o nome doutras correntes de auga, véxase máis adiante Ríos . Relfas As Relfas é o nome dun dos núcleos tradicionais da veciña parroquia de Sárdoma, á cal fan referencia os topónimos de Beade que conteñen este nome ( Camiño das Relfas ou Camiño ás Relfas e Subida ás Relfas ). As Relfas é topónimo de orixe e de significado escuros. Tense vinculado

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1