Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 139 Porto, a escasa distancia da súa confluecia coa rúa de Ramiro Pascual. Propiamente tomou o seu nome dunha área situada algo máis ao leste, chamada O Rialexo , onde daba nome ao Camiño do Rialexo , denomi- nación popular do que hoxe se coñece como camiño da Millada («Ca- miño Millada» na placa). O nome Rialexo semella conter un derivado do substantivo galego rial (< RIGALEM ) ‘condución de auga para o rego’, e podería ter relación co aproveitamento dun nacedoiro de auga situa- do a curta distancia nas inmediacións, no camiño do Laranxo (véxase Naranxo ), mais tamén puido formarse a partir do nome dun propietario apelidado Rial , pois este é un apelido relativamente frecuente na zona e documentado desde hai séculos na parroquia de Beade. O apelido Rial na área de Vigo ten o seu foco de expansión orixinario na aldea chamada O Rial , na parroquia de Santo André de Comesaña. Ramiso, O ▶ Canteira Recapilla, A A Recapilla é o nome dunhas terras en Quintián, no ángulo entre o camiño do Gualdino e o camiño das Mouráns. O topónimo semella for- mado sobre o castelán capilla ‘capela’, quizais en referencia á posicion relativa do lugar, situado no pé do monte que o separa da capela de San Cibrán. Tamén podería ser nome aplicado a propiedades cuxo produto ou renda estaban destinados a algunha capela ou fundación relixiosa. En tanto non dispoñamos de máis información debemos consideralo un topónimo de orixe e de significado escuros. Redonda, A É coñecida como A Redonda unha propiedade na rúa de Saa, na área denominada As Breas. Contén o adxectivo galego redonda , pro- cedente do latín ROTUNDAM , un derivado de ROTA ‘roda’. Quizais deba este nome á súa forma máis ou menos circular, mais tamén é posible que proceda dun apelido ou dun sobrenome Redondo (A Redonda = A de Redondo), coma en tantos outros nomes de propiedades rústicas na parroquia.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1