Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 138 de Man e Ardemáns . A documentación do século XVIII dános a clave para interpretar estes nomes. Coma moitos outros topónimos que deno- minan terras cultivadas, o plural Ardemáns usado na actualidade é re- cente, pois a forma tradicional era en singular. No Catastro de Ensenada atopámolo con diversas formas, algunhas das cales amosan que xa non resultaba transparente para moitos veciños: «en Arademán», «sitio de Ardemán», «sitio do arado de man», «de arado de man», «otra tierra en donde dizen Arado de man». Estas últimas formas fannos interpretar o topónimo como unha denominación motivada pola forma das pro- piedades, que na práctica ou en sentido figurado eran tan estreitas que para labralas sería necesario empregar arado de man , pois un arado levado por xugada de bois non cabería nelas. A forma Eira de Man con que denominan o lugar algúns dos informantes obedece a unha reinter- pretación do topónimo. Ramiro Pascual A diferenza doutros nomes persoais que quedaron fixados na to- ponimia de Beade como antropotopónimos tradicionais, derivados do nome de antigos posuidores ou usuarios das propiedades agrícolas e acuñados anonimamente pola comunidade ao longo de décadas e de séculos, o nome da rúa de Ramiro Pascual procede dun acto adminis- trativo e constitúe un exemplo do que se denomina toponimia conme- morativa . A pesar de que os organismos internacionais que se ocupan da toponimia e do patrimonio cultural (o Grupo de Expertos de Nacións Unidas para os Nomes Xeográficos e mais a Unesco) desaconsellan esta clase de toponimia, especialmente cando se superpón a denomi- nacións tradicionais, na actualidade é a que predomina nos nomes das vías públicas urbanas. Ramiro Pascual Lorenzo, enxeñeiro de obras pú- blicas, foi un dos deseñadores da rede viaria de Vigo e da expansión urbana da cidade nas primeiras décadas do século XX , e tamén un dos artífices dos tranvías vigueses. Rialexo, O O Camiño do Rialexo («Camiño Realexo» na placa municipal) é na actualidade o nome dunha pequena rúa situada no inicio da estrada do

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1