Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 12 Beatus é un nome de orixe latina que tivo uso común entre os cris- tiáns durante o período que vai do século IV ao XI . O máis célebre per- sonaxe así chamado foi Beato de Liébana, que viviu na segunda metade do século VIII no mosteiro de San Martín de Turieno (hoxe San Toribio de Liébana, na beira cántabra dos Picos de Europa) e compuxo uns famosos comentarios ao Libro da Apocalipse de San Xoán. Por esta ra- zón reciben o nome xenérico de beatos os manuscritos hispánicos dos séculos X e XI co Libro da Apocalipse e os seus comentarios, profusa- mente ilustrados con miniaturas que constitúen xoias da arte pictórica da época. Hoxe non podemos saber quen puido ser ese individuo concreto chamado Beatus ou Beato que deixou trazas do seu nome no topónimo que designa a parroquia de Santo Estevo de Beade. Sería seguramente un señor local ou propietario de terras. Posto que o uso de Beatus ou Beato como nome persoal foi perdendo vixencia a partir do ano 1000, aproximadamente, o máis probable é que a fixación do topónimo Bea- de tamén sexa anterior a esa data. A advocación parroquial de Beade é santo Estevo . Santo Estevo pro- tomártir, que padeceu martirio por lapidación, foi considerado tradicio- nalmente o padroeiro ou patrón de canteiros e pedreiros, e en moitos lugares o seu culto está asociado con antigas industrias de extracción de pedra. Na parroquia de Beade hai canteiras na actualidade e tamén as houbo no pasado, pero non podemos saber se foi esa a causa da elección de santo Estevo como titular parroquial, como sucede en oca- sións en freguesías de Galicia e doutros países. Desde hai douscentos cincuenta anos temos noticia de veciños de Beade que figuran no censo compartindo o oficio de «labrador» co de «carretador de piedra». No século pasado, o cronista José Espinosa, no seu libro Tierra de Fragoso , ao referirse á importancia da cantaría na veciña parroquia de Castre- los, celebraba as «famosas canteras de la Sierra y Porto Loureiro, cuya explotación lleva consigo para el transporte del material, gran cantidad de carros del país, propiedad de los habitantes de Castrelos y de alguna parroquia inmediata». Ademais do Beade vigués, o Nomenclátor de Galicia recolle outros catro topónimos Beade idénticos: a poboación, parroquia e concello de Beade, no Ribeiro, e tres aldeas nos concellos de Abegondo e Rois, na Coruña, e no de Quintela de Leirado, en Ourense. O primeiro garda certa relación coa historia da parroquia viguesa de Beade, pois alén da

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1