Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 137 alongada situada nun extremo doutra’. O seu derivado rabela é o nome da ‘parte posterior alongada do arado, onde apoia a man o labrador’. En sentido figurado, rabo ou rabela aplícanse na toponimia a propie- dades longas e estreitas. Temos esta última forma en As Rabelas , nome dunhas terras de labor próximas ao sitio de Dimadeus. No Catastro de Ensenada aparece este topónimo en singular: «labra- dío en la Rabela», «sitio de la Rabela», «situacion de Rabela», «en la Rabela», «da Ravela». Como o apelido ou o sobrenome Rabelo se documenta en Vigo e arredores polo menos desde o século XVII , non podemos desbotar a po- sibilidade de que o topónimo A Rabela se orixinase a partir dun sobre- nome ou dun apelido de propietario, e nese caso sería seguramente un feminino en función adxectiva equivalente a ‘A de Rabelo’. Os substantivos mango e manga proceden do latín MANICUM , MANICAM , que á súa vez derivan de MANUM ‘man’. O mango dunha ferramenta é a parte alongada por onde a colle a man humana, e nesa acepción e outras semellantes ten como sinónimo o substantivo rabo , como vi- mos. Na toponimia, mango e manga e as súas formas correspondentes noutras linguas románicas designan en orixe accidentes xeográficos alongados e estreitos, tanto en terra coma no mar (pénsese na Manga do Mar Menor, en Murcia, ou no que en francés se chama Canal de la Manche , adaptado como «da Mancha» cando en rigor en francés signi- fica «da Manga»). Na fala de Vigo, coma noutras zonas do galego oc- cidental que presentan gheada na fala, o G pode enxordecerse despois de N (coma en lonco, dominco por longo, domingo ), de aí que os topó- nimos Manga , Manguela presenten por veces na fala a variante Manca, Manquela . Está presente esta última forma, que constitúe un diminutivo de manga , en As Manguelas (terras de labor próximas a Quintián, hoxe zona industrial), A Manguela ou As Manguelas (terras de labor próxi- mas ás Relfas, na estrema con Sárdoma), A Mangueliña (terras de labor, tamén en Quintián), Camiño da Mangueliña (vía pública no mesmo lu- gar do anterior). O primeiro destes topónimos aparece documentado en singular no Catastro de Ensenada: «A Manguela», «sitio de Manguela», «sitio da Manguela», «en Manguela». O terceiro dos nomes que dan título a este apartado, Ardemáns , é aparentemente un topónimo escuro. Está presente en Ardemán (terras de labor próximas á estrema da parroquia con Sárdoma e con Bembrive, aproximadamente no ángulo que forma o camiño da Brea co camiño da Barxiña). Na fala convive a denominación Ardemán coas variantes Eira

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1