Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 136 Quinta (en Babio, tradicionalmente coñecido como camiño dos Cru- ceiros ) e A Flora da Quinta (no camiño de Fonas, en Babio). Este último semella conter un nome persoal de propietaria, onde o primeiro ele- mento é o antropónimo feminino Flora . Quintián ▶ 17. Quintián Quintianciño ▶ 17. Quintián Quirincosta, A A Quirincosta é o nome duns terreos no barrio da Pena, entre a rúa da Alza e o camiño do Lombeiro. O Camiño da Quirincosta é a deno- minación tradicional do carreiro que comunica o camiño da Pena coa rúa do Castañal, e que na rotulación oficial consta co mesmo nome de Camiño da Pena. Quirincosta é unha variante popular, característica do galego suroccidental, de congostra (< latín CO - ANGUSTAM ) ‘camiño estreito entre valados ou paredes’, formado a partir do adxectivo latino ANGUSTUM ‘estreito’. Na alteración de Congostra en Quirincosta con- flúen varios fenómenos fonéticos. Co paso de G en K tras nasal, propio das áreas de gheada (como en d ominko, ninkén, Mankelas , por domin- go, ninguén, Manguelas ) e a metátese de R, que pasa á sílaba anterior (coma en probe, craba , por pobre, cabra ), o resultado sería * Cronkosta , e desde aquí, por disimilación vocálica resulta * Crinkosta , para engadir finalmente unha vogal anaptítica no grupo KR- inicial (coma en * birisca por brisca, Quiristo por Cristo). Rabela, Manguela, Ardemáns Ao falarmos do substantivo cocho comentamos que designaba pe- quenos terreos cultivados. Outros topónimos que fan referencia á re- ducida dimensión das parcelas labrantías son os que tratamos neste apartado, polo común aplicados en orixe a propiedades estreitas e alongadas. Rabo aparece nos dicionarios cos significados, entre outros, de ‘apéndice caudal dun animal’, ‘mango’ e ‘por extensión, calquera cousa

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1