Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 135 Presa ▶ 16. Presas, As Priscallos, Os Leva o nome de Os Priscallos unha propiedade edificada no cami- ño de Fonas, en Babio, estremando coa paraxe denominada A Flora da Quinta. Descoñecemos a orixe e o significado do nome Priscallos . Quizais é un derivado de pedra ou do seu derivado pedrisco , a partir dunha forma * Pedriscallos > Priscallos , e faría referencia á presenza de pedras miúdas no terreo. Pumar Pumar ou pomar é un derivado do latín POMA ‘mazá’, e designa un terreo plantado de árbores froiteiras, principalmente maceiras. Na to- ponimia de Beade recollemos este substantivo nos topónimos O Puma- riño (terreos edificados no final do camiño do Romeo, no Carballo do Pazo), a Presa do Pumariño (presa de auga ao pé dos terreos preceden- tes) e a Mina do Pumariño (manancial no mesmo lugar). Na fala convive a forma Pumariño cunha variante Plumariño, Pulma- riño . Interpretámola como unha alteración popular, talvez influenciada polo nome común pluma ou calquera outra razón, o que nos indica que a xente xa non recoñece a palabra. Temos constancia da presenza dun apelido toponímico Pumares en Beade nos séculos XVIII e XIX , polo que non podemos desbotar a posibilidade de que a motivación do to- pónimo fose o apelido da familia propietaria. Quinta, A O significado do substantivo quinta é practicamente o mesmo que vimos para pousa ‘residencia de recreo no campo’. En orixe é un nu- meral derivado de cinco , posiblemente por referencia ás propiedades rurais que pagaban de renda ou de foro a quinta parte da produción agrícola. Está presente na toponimia de Beade nos topónimos A Quin- ta (propiedade privada próxima á estrada da Coutada e ao camiño de Alén), a Fonte da Quinta (no mesmo lugar da anterior), o Camiño da
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1