Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 134 Porta, Portaleira, Portelo, Porto ▶ 14. Porto, O Poula, Poulo ▶ 15. Pouleira, A Pousa, A; Pousada, A O Camiño da Pousa , que ten o nome alternativo do camiño da Ca- nalla , é un ramal da rúa do Falcoído, no Porto. A Pousa é o nome duns campos entre este camiño e o camiño de Palmira. Os dicionarios defi- nen pousa (< do latín PAUSAM ) como ‘casa de campo’, e especificamente como ‘segunda residencia de alguén que vive na cidade’, igual ca a que orixinou o topónimo A Pousa do Bispo , a algúns quilómetros de Tui. Na toponimia, adoitan empregarse tamén pousa ou os seus derivados ( Pou- sadoiro, Pousadouro ) e compostos ( Pousafoles ) como topónimos viarios para designar relanzos onde o camiño é menos costento ou a aba fai unha pausa . Non sabemos cal das dúas motivacións puido orixinar o topónimo, e aínda cabe a terceira posibilidade de que aquí Pousa sexa un apelido de propietario, como sucede en tantos outros microtopóni- mos da parroquia. No Castastro de Ensenada (1752) rexístrase en toda a parroquia de Beade unha única casa de campo: «... que el vecindario de que se compone la nominada Feligresia (...) ascendra [ sic ] a ciento sesenta y un Vecinos y en el termino tiene una casa de campo y granja Don Juaquin Boubeta, vecino de Vigo». Pertence á mesma familia léxica de pousa o substantivo pousada (< latín PAUSATAM ), presente no nome do Muíño da Pousada (véxase Muí- ños ). Como non temos constancia de ningunha pousada nas inmedia- cións, e rexistramos na documentación histórica de Beade o apelido Pousada e a súa variante castelanizada Posada , ademais dunha Casa de Posada en 1844, segundo o Libro de afanegados de Beade , é probable que o nome do muíño conteña un apelido de propietario, polo que a forma antiga sería Muíño de (e non da ) Pousada . Pozo Os Pociños era a denominación de dous canos de auga no actual camiño do Xestal, que deron nome aos campos inmediatos, coñecidos tamén como Os Pociños . É un diminutivo plural do nome común pozo (< latín PUTEUM ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1