Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 133 ( a + de + nome ), Pisas é probablemente un alcume de propietario, qui- zais relacionado co verbo pisar . No cultivo tradicional dos castiñeiros, denominábase pisa o labor agrícola que viña despois de abalar ou va- rear as árbores, consistente en pisar os ourizos para extraerlles as casta- ñas, mais non sabemos se foi esa a motivación do sobrenome. Pombal, O O Pombal é na actualidade unha área de monte entre a rúa do Lom- beiro e o camiño da Boavista. Tamén recibe oficialmente o nome de Camiño do Pombal unha vía que parte da encrucillada que forman a estrada dos Seixiños e a rúa do Castañal. A veciñanza infórmanos de que esa denominación é recente, pois antes esa área era coñecida como O Seixo . Co substantivo en castelán, o topónimo O Palomar dá nome a unha casa e aos seus extensos terreos no barrio da Coutada, tamén coñecidos por Os Rubiños polo apelido ou o sobrenome da familia propietaria. A primeira destas denominacións fai referencia a un pombal (construción destinada á crianza de pombas) existente no interior desa propiedade. Pombal é o resultado galego do latín PALUMBALEM , derivado de palumba ‘pomba’. O Pombal é tamén o nome dunhas terras de labradío, hoxe en parte edificadas, ao final do camiño do Xestal, na estrema da Gándara coa Coutada. Pomar ▶ Pumar Ponte O substantivo ponte (< latín PONTEM ) está presente no topónimo a Ponte de Abalde («da Balde» erradamente na rotulación) ou a Ponte de Eifonso , a ponte que cruza o río de Eifonso, na estrema entre Beade e Bembrive. Como vimos ao tratarmos do topónimo Eifonso , na au- toestrada tamén leva o rótulo de «Ponte do Río Eifonso» o viaduto que supera o estreito val por onde discorre o curso alto deste río.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1