Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 132 Piñeiro, Pino, Pinal Piñeiro é o nome tradicional galego da árbore denominada pino en castelán. Os piñeiros de repoboación, empregados desde o século XVIII na reforestación dos montes e doutros espazos, divulgaron en Galicia o castelanismo pino , de xeito que ambos os nomes conviven na actuali- dade na fala. Teñen relación con estas árbores os topónimos As Piñeiras (campos e arboredos por detras da Boavista, na Pena), que contén ou ben un feminino con valor colectivo (‘lugar poboado de piñeiros’) ou ben un derivado de piña (tradicionalmente empregada como combus- tible). O castelanismo pino está presente en Os do Pino (conxunto de campos e de casas entre a Volta do Can Grande e o camiño do Muiñei- ro, en Babio) e no nome persoal Ramón dos Pinos, que motivou tres topónimos entre Babio e O Carballo do Pazo: o Lugar do Ramón dos Pi- nos , o Camiño do Ramón dos Pinos e a Canicouva do Ramón dos Pinos. Pío Os topónimos A do Pío , O Pío de Acá e O Pío de Alá son nomes dunha área de casas e de terreos no ángulo que forman o camiño da Mangueliña e o camiño do Gualdino, no Porto. Poderían ter relación cun nome persoal Pío (< do latín PIUM ‘piadoso’), popularizado por ser o nome de varios pontífices de Roma, mais tamén é probable que faga re- ferencia á presenza no lugar dun pilón ou pío (< latín PILUM ) para conter auga ou, máis problemente, a un pío da industria artesanal da pel, pois píos eran os lugares onde se empozaban as peles, con casca de piñeiro ( pío de casca ) ou con cal ( pío de cal ) para eliminar delas os residuos orgánicos e proceder ao seu curtido. Coma o topónimo Os Pelames , de Bembrive, sería un vestixio da presenza destas industrias na zona. Pirica ▶ Perica Pisas, A de A de Pisas é unha propiedade edificada no camiño das Presiñas, en Babio. Igual ca noutros topónimos que presentan a mesma estrutura
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1