Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 131 Os Preiros (campos de labradío na rúa de Abalde), As Pereiriñas ou As Preiriñas (en fronte dos anteriores, do outro lado da rúa de Abalde ata a confluencia coa rúa da Lagoa), A Pereiriña (área ao sur da coñecida como Os Cañotais, en Babio, estremando coa recentemente bautizada como estrada de Clara Campoamor e mais co río de Babio) e o Camiño da Pereiriña (unha das transversais do camiño do Concello, entre Babio e O Carballo do Pazo). Perica, A A Perica (ou ben A Pirica e A Pr’ica na fonética local) é o nome dunha propiedade no camiño das Presiñas, en Babio. O substantivo perica de- signa en galego unha ovella nova. Coma outros nomes de animais, tivo e ten uso como sobrenome ou como alcume de persoa, polo regular a partir das connotacións de ‘inquieta, espelida’. É moi probable que o topónimo A Perica proceda tamén dun uso de perica como alcume persoal ou familiar, e polo tanto sería un exemplo máis dos numerosos topónimos de propietario da toponimia de Beade. Peteta O Lugar da Peteta é unha denominación alternativa do Lugar do Cre- go , en Babio (véxase Cura, Crego ). Temos que relacionar este topónimo co nome da Costa da Peteta , no linde da parroquia de Sárdoma con Bembrive, e mesmo é probable que o topónimo de Beade faga referen- cia a unha familia propietaria veciña ou orixinaria desoutro lugar. Pete- ta ten aparencia de alcume feminino ou de adxectivo formado a partir dun masculino Petete , que foi moi común no século XIX (popularizado porque así se chamou un célebre toureiro de mediados dese século XIX ; véxase tamén Frascuelo ). Dada a particular orografía da Costa da Peteta entre Sárdoma e Bembrive, tamén cabe pensar nunha forma emparen- tada co adxectivo peto, peta ‘en pendente pronunciada’, e as locucións a peto, ao peto ‘costa arriba’, e de peto ‘de punta, moi pendente’ (Elixio Rivas en DdD). No concello lugués de Friol, parroquia de Xiá, hai ta- mén unha aldea denominada A Peteta .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1