Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 130 Semella un derivado de pedra , quizais alteración dun antigo Pedrouco , nome relativamente común na toponimia galega, e nese caso faría re- ferencia a algún penedo que existiu no lugar. Non obstante, Pedruco tamén podería ser un nome persoal derivado de Pedro . Peixiña, A A Peixiña é o nome dos terreos situados preto da estrada dos Seixi- ños, ao final do camiño dos Seixiños e por riba da zona denominada O Lago. Podería ser un exemplo máis de feminino creado a partir dun alcume ou dun sobrenome de posesor, aquí formado co diminutivo de peixe (< latín PISCEM ). Nese caso, A Peixiña sería equivalente a ‘A de Peixiño’. Pena ▶ 13. Pena, A Pepa Estévez ▶ Estévez Pereiros, Os; Pereiriña, A Estas formas, que na fala de Beade alternan coas variantes con sín- cope da vogal da sílaba inicial ( P’reiros, P’reiriña ) son particularmente abundantes na toponimia galega. A maior parte dos topónimos que as conteñen son derivados do latín PIRAM ‘pera’, e foron aplicados a lugares caracterizados pola presenza de calquera das variedades de árbores que dan peras ou peros . En ocasións, non obstante, conflúen con estas mesmas formas algúns derivados de PETRAM ‘pedra’ (coa mesma perda do D que vemos no nome persoal medieval Pero , variante de Pedro , da cal procede o apelido patronímico Pérez –e non * Pédrez –), de xeito que non sempre estamos en condicións de coñecer con certeza a verdadei- ra orixe e o significado destes topónimos. O exame das características físicas de cada lugar pode facernos inclinar por unha explicación ou pola outra en cada un dos casos, sempre que o permitan as profundas transformacións que experimentou o medio físico de Beade nas últimas décadas. Temos estes nomes nos seguintes topónimos: Os Pereiros ou

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1