Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 129 figura erradamente como «Camiño da Pedra»), O Covelo das Pedras (véxase Cova, Covelo ) ou As Pedras do Outeiro (véxase Outeiro , Ou- tón ). A Pedra Rachada é o nome dunha área de monte ao sur das Pedras do Outeiro, entre a rúa do Falcoído e o camiño de Campaneiro. Segun- do os informantes debe o seu nome a que no pasado existía alí unha pedra partida, que talvez é a mesma que deu orixe a un topónimo A Pedra Fendida que se rexistra na documentación histórica da parroquia e que se atopaba próxima da paraxe denominada Fontefría. A pedra coñecida como A Pedra Cabalaria está situada na parroquia de Bembrive, mais no monte de Beade tamén se lle aplican, por proxi- midade, os nomes de A Cabalaria ou A Pedra Cabalaria ao alto onde está situada a antena repetidora de sinal de telefonía. Un dos informan- tes referiu que, segundo a tradición local, nese lugar do monte de Bea- de existen unhas pedras dispostas en forma circular que corresponden a un antigo cemiterio romano. O mesmo informante fálanos de que na época da posguerra e do racionamento, as mulleres ían vender o aceite ao Porriño polo atallo que vai pola Pedra Cabalaria e baixa pola Pedra Rachada. O nome de Cabalaria é derivado de cabalo , pero non fai re- ferencia a estes animais, senón a pedras superpostas, isto é, dispostas unhas a cabalo doutras. Ademais do máis frecuente Pedra Cabalaria , na documentación escrita dos séculos XVIII e XIX aparece este topónimo con outras variantes como P edra Cabalar, Pedra Cabalgada e Pedra Cabal- gar , xunto co simple A Cabalaria . Pedro, A de A de Pedro é o nome dunhas propiedades no Pinal da Venda, á beira da Carpiza. É un topónimo transparente, co reiterado esquema a + de + nome . Pedro (< latín PETRUM ) é un nome masculino da tradición cristiá, presente en numerosas advocacións parroquiais de Galicia (por exemplo, na de Sárdoma) e moi usado en todas as épocas. Pedruco O Pedruco , tamén coñecido como o Pedruco da Costa da Gándara , é o nome dunhas terras de labor por detrás da Devesiña, na Gándara.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1