Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 128 nos dicionarios co significado de ‘cesta ou caixa de bordo baixo, que utilizan as peixeiras para transportar e expoñer o peixe’ (DRAG). Como vimos ao tratarmos do topónimo Dornelas, existen algúns termos que se empregan como nomes de recipientes ou nomes de embarcacións e que teñen uso na toponimia para referirse ás características orográficas dun lugar. Neste caso, o nome de Patelas posiblemente faría referencia á súa orografía de pequena chaira, en consonancia coas características do recipiente homónimo. Temos a mesma raíz e significados próximos no castelán patera ‘certa embarcación de fondo plano’. Cremos que contén un derivado da mesma raíz PAT- o segundo ele- mento de A Chan do Pateiro , tamén no monte de Beade. De ser así, estariamos ante unha formación tautolóxica ou redundante, dado que Pateiro significaría aproximadamente o mesmo ca Chan . Con todo, non podemos desbotar a posibilidade de que neste caso Pateiro sexa un alcu- me ou un sobrenome de propietario. O mesmo podemos dicir do Patuco dos topónimos o Barranco de Patuco e a Fonte do Barranco de Patuco . Pazo, Pazos Leva o nome de Os Pazos un terreo edificado e os campos conti- guos, situados á beira das Barxas en Babio, fronte á nave da estrada de Clara Campoamor. O Camiño dos Pazos era o camiño de servizo que conducía a esa casa e a eses campos. Neste caso o topónimo non debe de vir motivado pola existencia de pazos no lugar, senón probablemen- te dun apelido de propietario. Na documentación anterior ao século XIX rexistramos reiteradamente en Beade o apelido Pazo ou Do Pazo . O mesmo substantivo está presente no segundo elemento do topóni- mo composto O Carballo do Pazo . Neste caso cremos que si tivo orixe nun pazo ou nunha edificación principal. Pedras, As; Pedra Cabalaria, A O substantivo pedra (< latín PETRAM ), o mesmo ca os seus derivados, é moi frecuente na toponimia. Xa vimos nas páxinas precedentes algúns dos topónimos de Beade que o conteñen, como o Camiño das Pedras (nome alternativo do camiño da Guardiana, que no rótulo municipal
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1