Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 11 01. Beade ▶ O nome da parroquia deriva dun nome persoal ou antropónimo. Desde o tempo dos romanos ata aproximadamente o século XI , foi un procedemento común denominar unha pequena explotación agrícola (as chamadas villae , xermolo de moitos dos núcleos de poboación ac- tuais) mediante a forma do xenitivo latino do nome do seu propietario ou fundador. Por exemplo, a villa dun señor de nome Petrus ou Pedro chamábase en latín Villa Petri (‘Vila de Pedro’) ou simplemente Petri (‘de Pedro’, ‘a de Pedro’), e esa forma latina acabaría por dar, xa en galego, os topónimos Vilapedre ou Pedre . O uso do xenitivo latino para dar nome a un lugar viña sendo unha fórmula culta e un tanto artificiosa, que seguiu usándose cando a lingua falada xa estaba moi afastada do latín e non quedaba nela nin traza da declinación latina. En Galicia son numerosísimas as aldeas, parroquias e vilas cuxas denominacións se formaron mediante ese procedemento do xenitivo dun antropónimo, o que significa que todos ou a maior parte deses núcleos de poboación tiveron orixe (ou nalgún caso foron rebautizados) no referido período do primeiro milenio. Son os chama- dos topónimos de posesores medievais . O nome de Beade é tamén un topónimo de posesor medieval. Procede da forma Beati, xenitivo do nome persoal Beatus (Beato ‘feliz’), e fai referencia á villa dun indivi- duo chamado así. Primeira parte O nome da parroquia e dos núcleos de poboación tradicionais 2

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1