Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 127 como derivado diminutivo co sufixo - ete a partir de Paco , hipocorístico ou variante familiar do nome persoal masculino Francisco . Pardiñeiro, Pardiñeira Recibe o nome de As Pardiñeiras unha área que foi de viñas e de campos de labradío, hoxe edificada e habitada, a ambos os lados do camiño da Pedra, en Abalde. Pardiñeiro é un nome común galego que designa os restos dunha construción arruinada, e procede do latín PAR ( I )- ETINARIUM ‘muros e ruínas de edificacións vellas’. A mediados do século XVIII rexistrámolo en masculino e en singular no Real de Eclesiásticos do Catastro de Ensenada: «O Pardiñeyro» (369, viña), «Os Pardiñeyros» (575, labradío). Paricia, A ▶ Aparicia Parede, Boca Da ▶ Boca Pasales Pasal é un derivado de paso (< latín PASSUM ) que na toponimia adoita designar o lugar por onde un camiño salva un curso de auga mediante poldras ou pedras colocadas no seu leito, que permiten atravesalo sen mollarse. Na forma do plural pasales témolo en Beade nos topónimos Pasales (área habitada no barrio de Babio, próxima ao río de Babio ou das Barxas, onde debía estar situado o pasal que orixinou o topónimo) e Camiño de Pasales (vía pública na mesma localización, onda o río de Babio e a rúa das Chabarras). Pascual ▶ Ramiro Pascual Patelas, Pateiro, Patuco Reciben o nome de Patelas unhas terras do monte de Beade, entre o segundo cinto de circunvalación e a rúa do Falcoído. Patela consta

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1