Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 126 Padriño, O O Padriño é o nome duns campos de labradío atravesados pola es- trada do Porto, aproximadamente á altura do viaduto. É probablemente un alcume de propietario. Palomar ▶ Pombal Pancadas, As Os dicionarios recollen un substantivo pancada co significado de ‘golpe brusco dado coa man, co pé ou cun obxecto’. É un derivado de panca (< latín PALANCAM ). Descoñecemos a motivación da súa aplica- ción toponímica ao campo denominado As Pancadas , terras de labor entre o monte do Gorgoso e as Cavadas, en Saa, moi preto da estrema coa parroquia de Sárdoma. Palmira O Camiño de Palmira é un ramal da rúa do Falcoído, no Porto. Contén un nome persoal feminino Palmira . Algúns informantes din este topónimo con artigo ( camiño da Palmira ), polo que tamén cabe a posibilidade de que o nome persoal que o motivou fose o corres- pondente masculino Palmiro , e entón o topónimo contería un feminino adxectival: A Palmira = A de Palmiro . Os nomes Palmiro e Palmira eran habituais en Italia desde a Idade Media, mais entre nós só comezou a difundirse o seu uso a partir do século XVII . Paquete, A de Unhas viñas no camiño das Barallas son coñecidas como A de Pa- quete . O mesmo topónimo A de Paquete designa tamén unha propie- dade no camiño das Presiñas. Pola estrutura a + de + nome interpreta- mos que este topónimo contén un alcume de propietario. Podería ser o substantivo común paquete , mais tamén é verosímil que se crease

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1