Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 125 (< latín - ALEM ) no Camiño do Orxal , en Saa, que toma o seu nome dos campos coñecidos como O Orxal ou Os Orxales , situados entre ese camiño e o camiño da Lagoa, ao norte dos Toucelos. Atopamos estes mesmos topónimos documentados nese catastro do ano 1752: «sitio do Orjal», «situacion de el Orxal», «sitio del Orxal». O orxo constituíu un dos cultivos tradicionais da agricultura galega, e o seu nome ten notable presenza na toponimia de Galicia (o Nomenclátor de Galicia recolle cerca de vinte localidades chamadas Orxal, Orxás, Orxeira etc.). Outeiro, O; Outón, O Outeiro é un termo moi común na toponimia galega. Contén un de- rivado do adxectivo alto e designa montículos e elevacións do terreo. Na toponimia dalgunhas zonas de Galicia, outeiro adquiriu tamén un segundo significado específico para desginar prominencias pétreas. Así acontece na fala popular dos arredores rurais de Vigo, onde se emprega outeiro co significado de pena e penedo , en tanto que estes termos non sobreviven no léxico común. Calquera destes dous significados puido motivar os nomes de O Outeiro (monte en Saa, onde está situado o ins- tituto de Beade), O Outeiro (área do barrio da Pena, entre os camiños de Morrohome e do Castañal), O Outeiriño (campos e área habitada arredor da actual rúa do Outeiriño, en Abalde), o Camiño do Outeiriño ou a Rúa do Outeiriño (vía pública en Abalde), o Camiño do Outeiro , en Saa (a vía que vai da rúa do Seixo ao Outeiro e ao instituto), o Ou- teiro de Quintián , tamén chamado As Pedras do Outeiro (orientadas de norte a sur na parte central do monte de Beade, entre a autoestrada e o camiño de Campaneiro; a metade das pedras que motivaron este topónimo desapareceron coa construción da autoestrada). Tamén é un derivado de alto , ou máis propiamente do latín ALTU ( M ) , o nome Outón . Na fala de Beade, esta forma tradicional Outón convive coas variantes Oitón e Eitón , que responden a fenómenos de disimila- ción vocálica, do mesmo xeito que no galego dalgunhas áreas o común outeiro presenta as variantes oiteiro e eiteiro . Conteñen este derivado outón e as súas variantes os topónimos a Fonte do Outón [Oitón ~ Eitón], hoxe aterrada, na rúa da Lagoa, en Abalde; as Veigas do Outón [Oitón ~ Eitón], campos próximos ao lugar onde estaba esa fonte; as Presas do Outón [Oitón ~ Eitón], presas de auga nas Veigas do Outón.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1