Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 124 Negreira, O É coñecido como a Fonte do Negreira un lavadoiro situado no ca- miño do Riomao, no barrio da Gándara. A discordancia entre o artigo masculino e a morfoloxía feminina de Negreira indícanos que estamos ante un topónimo de propietario formado cun sobrenome ou cun ape- lido. O apelido Negreira é de orixe toponímica; ten o seu foco de irra- diación no actual concello de Negreira, na provincia da Coruña. Nogueiras, As As Nogueiras é o nome dun campo de labradío que se atopa baixan- do pola rúa da Lagoa, xusto a continuación da fonte da Lagoa, no barrio de Abalde. Fai referencia á presenza no lugar de exemplares de noguei- ra (< latín NUCARIAM ), a árbore que dá noces. Xa aparecía no Catastro de Ensenada como «sitio das Nogueiras». Norberto, O O Camiño do Norberto é unha vía pública de Babio que une o ca- miño da Venda co camiño da Canicouva. Preto del existe o lavadoiro coñecido como a Fonte do Norberto . Norberto é un nome persoal de orixe xermánica, de uso infrecuente na onomástica galega tradicional anterior ao século XIX , polo que supoñemos que o topónimo é relati- vamente recente. A comezos dese século XIX tiña propiedades na pa- rroquia de Beade un célebre personaxe da época, Norberto Velázquez Moreno, industrial vigués orixinario de La Rioja, mais non dispomos de información que nos permita relacionar con el estes topónimos. Orxal, O Segundo o Catastro de Ensenada, entre os grans con que se pagaban en especie algúns dos tributos ou das rendas de Beade menciónanse o trigo, o centeo, o millo miúdo ou paínzo, o millo groso e a cebada. Esta última, tamén chamada en galego orxo (< latín ORDEUM ) deixou pegada na toponimia de Beade mediante un derivado co sufixo colectivo - al
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1