Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 123 Campoamor); o Muíño do Gorgoso , en Saa; o Muíño da Canóniga en Babio, na estrema con Matamá (desapareceu hai uns anos coas obras do segundo cinto de circunvalación); o Muíño da Cotarela (son dous, situados na estrema entre Porto e Babio, no río da Barxa, recentemen- te restaurados; véxase 06. O Coto); o Muíño da Cova (en Abalde, na estrema con Bembrive e con Sárdoma); o Muíño de Eifonso (no río do mesmo nome); o Muíño de Eixón , en Saa (véxase Eigón), o Muíño Novo , na Gándara; o Muíño do Muxo e o Muíño do Roxo (onde os muíños propiamente ditos están na banda de Bembrive); o Muíño da Pousada (que sobrevive na confluencia do vial da Universidade e do camiño dos Cañotais); o Muíño das Presas , na Pena; os Muíños de Babio ( o Muíño de Arriba e o Muíño de Abaixo ), os Muíños do Foxo (no Porto, uns pertencen a Beade e outros a Valadares) e o Muíño das Presas (na Pena). Ademais dos precedentes, conteñen este substantivo os topónimos O Cocho do Muíño (do camiño da Galeota ata a estrema de Valadares, no río de Quintián, onde aínda sobreviven as ruínas do vello muíño), as Veigas do Muíño e o Camiño das Veigas do Muíño (no mesmo río de Eifonso, en Beade e en Bembrive). O derivado muiñeiro , a persoa que se ocupa do muíño, está presente no nome do Camiño do Muiñeiro , en Babio. Naranxo, O Na rotulación municipal actual aparece como «Camiño do Laranxo» o nome dun camiño no Carballo do Pazo. A xente do lugar infórmanos de que recibiu ese nome dunhas terras, hoxe propiedade privada edifi- cada, coñecidas como O Naranxo , onde existe un nacedoiro de auga que quizais orixinou o topónimo. A grafía con L- da rotulación oficial supón que o topónimo foi inter- pretado como relacionado coas laranxas e as laranxeiras , identificado co nome castelán da laranxeira, naranjo . Só a documentación antiga pode confirmar ese extremo, pois tamén podería tratarse dun topóni- mo prerromano dunha raíz hidrónímica NAR -, coma a de Narón, Neira, Naraío etc., e nese caso estaría motivado polo propio manancial a que fixemos referencia. No Libro de afanegados de Beade rexístrase este topónimo en 1844 coa forma Naranjo .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1