Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 122 emprego de moucho, moucha como sobrenomes persoais é común en galego, polo que interpretamos o nome dese lugar como un to- pónimo de propietario. Puido referirse a unha posuidora alcumada A Moucha ou, máis probablemente, o emprego do feminino ten aquí valor adxectival, de xeito que A Moucha equivalería a ‘A (propiedade) do Moucho’. Mouráns Reciben o nome de As Mouráns ou Os Mouráns unhas terras en Quintián, no encontro do río de Quintián coa autoestrada, na estrema con Valadares. Delas toma o seu nome o Camiño das Mouráns ou dos Mouráns . Mourán podería ser aquí un adxectivo de cor, derivado de mouro, moura ‘escuro’. Múa O topónimo o Camiño do Múa (na rúa da Lagoa, en Saa), dado o uso do artigo masculino cun nome feminino, debe de conter un alcume ou un sobrenome de propietario. Múa é unha forma galega antiga de mula , o animal híbrido de asno e egua. Múa constituía o resultado regular en galego (latín MULAM > galego múa ), con perda do L intervocálico coma en VOLARE > voar ou CANDELAM > candea . Muíños Os muíños tiveron no pasado unha relevante función na vida so- cial e económica da parroquia, e algúns deles deixaron pegada na toponimia. O substantivo muíño (< latín MOLINUM ) está presente nos seguintes topónimos, onde designaba o muíño propiamente dito, que nalgúns casos subsiste na actualidade, e a área en que se atopa: o Muíño de Abalde ; o Muíño de Acevedo na Gándara; o Muíño das Barallas (son dous muíños na zona coñecida como As Barallas, en Ba- bio, na estrema con Castrelos, e pódense ver dende a estrada de Clara
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1