Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 121 Morrer, Morte, Mortos O nome do Camiño de Morre o Home (/morroóme/), na Pena, coma outros topónimos semellantes, é probablemente de orixe anec- dótica, suscitado por algunha morte accidental no lugar. Tamén ha de ter orixe anecdótica o nome do Camiño da Vaca Morta , na estrada dos Seixiños, no Facho. Cabería pensar así mesmo nunha orixe semellante para A das Mortes e o Campo de Xunta á das Mortes , denominacións alternativas de A Viragaia ou A Miragaia, aínda que os informantes identificaron das Mortes como un alcume ou sobrenome familiar dos propietarios. A proximidade do topónimo a Presa dos Mortos ao lugar da Batalla (véxase este topónimo) suscitou na fantasía popular certas interpreta- cións relacionadas cunha suposta batalla na zona, pero outros infor- mantes aseguran que o nome da presa está motivado pola súa proxi- midade ao cemiterio da igrexa parroquial, pois polo camiño inmediato pasaban os enterros. Moscabeiriñas Era coñecida como Moscabeiriñas unha coutada de monte situada no barrio do Porto, nos terreos ocupados na actualidade polo parque tecnolóxico. Este nome é un topónimo replicante doutro topónimo ve- ciño, Moscabeira ou A Moscabeira , unha área de monte inmediata pero xa en territorio da parroquia de Valadares. Moscabeira é a denomina- ción que recibe nalgunhas zonas de Galicia unha especie de mosca tamén chamada mosca das bestas ou mosca de burro , segundo o Di- cionario de Dicionarios . Ten por nome científico Hippobosca equina. Moscabeiriñas é un diminutivo creado por referencia ao veciño A Mos- cabeira , e este responde probablemente á presenza ou á abundancia desas moscas no lugar. Moucha, A A Moucha é o nome dunhas terras en Quintián, no Porto; estreman co camiño do Gualdino e coas terras coñecidas como A Galiñeira. O
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1