Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 120 pietarios, acaso veciños de Moledo, en Sárdoma, mais tamén podería tratarse de topónimos idénticos motivados por unha mesma realidade física: o carácter brando ou mol da constitución do terreo ou da súa vexetación, coma noutros topónimos Moledo ou O Moledo (media du- cia de entidades de poboación con ese nome, todas na Galicia surocci- dental). No Catastro de Ensenada atopamos referencias a estes lugares da parroquia de Beade como «Campo de Moledo», «sitio de Moledo». Monte Na toponimia de Beade o substantivo monte (< latín MONTEM ) respon- de á acepción de ‘terreo cuberto de vexetación espontánea como toxos, fentos, silvas, arbustos etc., que pode estar poboado de árbores’ (DRAG), aínda que en ocasións a fisonomía actual dos espazos que designa xa non conserva nada do monte orixinario. Témolo nos topónimos OMonte (campos próximos á rúa de Ramiro Pascual, en Babio), o Lugar do Monte (área de vivendas e de terreos ao longo do camiño do Norberto, en Ba- bio), o Campo do Monte (terras nas inmediacións do camiño de Fonas, tamén en Babio), as Parcelas do Monte (área de monte onda o camiño de Campaneiro), o Camiño do Monte (próximo á estrema con Castrelos), a Presa do Monte (na Gándara, nas terras denominadas Os Poulos) e O Cocho do Monte Grande (véxase Cocho). A estes temos que engadir o Monte daVenda (naVenda), o Monte da Bica (o outeiro onde se encontra o instituto de Beade), o Monte do Corcho (no camiño do Corcho, en Saa) e o Monte do Gorgoso (en Saa, na estrema con Sárdoma). Morena, A A Morena , a Fonte da Morena , os Campos da Morena e a Casa da Morena , situados nas inmediacións do camiño do Xestal, semellan con- ter un sobrenome ou un apelido. Aparentemente fan referencia a unha muller propietaria, pero podería tratarse, coma noutros exemplos da to- ponimia de Beade, dun feminino adxectival (a Morena = ‘a de Moreno ou do Moreno’). Moreno é moi común como sobrenome e como apeli- do, que en orixe facía referencia á cor da pel ou do cabelo da persoa a quen se lle aplicaba.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1