Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 119 Areal e de Rosalía de Castro, houbo outra Miragaia en Pardavila, que acabou alterándose en Miranaia por efecto da proximidade de Naia , tal como explica Iván Sestay no seu estudo da toponimia de Lavadores. Miragaia existe tamén como apelido, habitualmente con grafía cas- telá Miragaya , nos máis dos casos de orixe toponímica (coma o equiva- lente portugués, que ten un importante foco de irradiación na populosa freguesía de Miragaia, na cidade do Porto), mais tamén foi usado como sobrenome. En Beade atopamos A Viragaia como nome dunhas propiedades no camiño da Galeota, no Porto, tamén chamadas A das Mortes. Segundo os informantes, tanto unha coma a outra denominación responden a alcumes ou a sobrenomes de propietarios. A alteración de mira - en vira - é un fenómeno fonético común, indicio de que o composto Mi- ragaia xa non resultaba intelixible para os falantes, de xeito que cal- quera motivación, coma a eventual presenza dunha curva do camiño nese lugar, puido favorecer a atracción do verbo virar . A antiga Mi- ragaia de Pardavila, antes de que se consolidase a alteración motiva- da por Naia , tamén tiña unha variante Viragaia , que é a que apare- ce rexistrada no Catastro de Ensenada, segundo informa Iván Sestay. O nome das terras chamadas con este nome no camiño da Galeota, en Beade, quizais teña a súa orixe remota nese lugar da parroquia de Lavadores, acaso porque a familia propietaria procedía de alí. Talvez teña a mesma orixe (un sobrenome de propietario) o nome dos campos denominados A Miragaia ou AViragaia , lindantes cos cha- mados A Lagoa, onda a fonte da Lagoa, en Abalde. Moledo, O O Moledo ou Os Moledos é o nome que recibía tradicionalmente a área de casas e de campos situada entre o camiño das Relfas, a Subida ás Relfas, o camiño da Cova e o tramo da rúa de Saa comprendido entre os dous primeiros camiños, isto é, na estrema con Sárdoma. O Moledo de Arriba localízase na parte máis elevada deste sector, no camiño que o divide de norte a sur cara á rúa de Saa. Conteñen o resultado galego do latín MOLLETUM , derivado de MOLLIS ‘brando’. Dada a proximidade co núcleo de Moledo, na parroquia de Sárdoma, cabe pensar que estes topónimos de Beade puideron orixinarse por referencia aos seus pro-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1