Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 118 millo tradicional ou millo miúdo , que na comarca recibía comunmente o nome de paínzo . Deste lugar toma o seu nome o Camiño da Millada . Os informantes locais advirten que tradicionalmente era coñecida como A Millada ou Camiño da Millada a vía pública hoxe denominada Camiño da Batalla, mentres que o camiño que hoxe leva a placa de Camiño da Millada é propiamente coñecido como O Realexo . Mellora, A A Mellora ( A Millora na fala local) é o nome dun campo da rúa de Saa, entre As Granxas e O Roupeiro. É probablemente un topónimo que fai referencia ás transmisións de propiedades, pois no dereito tra- dicional galego, a mellora son os bens que, ademais da lexítima, recibe en herdanza o fillo ou filla que queda na casa dos proxenitores. Menora ▶ Franciscanos, Os Mina O substantivo común mina (< latín MINAM ) na toponimia de Beade adoita designar a obra subterránea que capta a auga dun manancial. Está presente este substantivo nos topónimos O Campo da Mina (cam- po de labradío ao oeste do camiño da Brea) e A Mina do Pumariño (no camiño do Romeu). Miragaia, A; Viragaia, A Miragaia é un topónimo composto do verbo mirar e un antigo adxec- tivo de orixe provenzal gaio, gaia ‘alegre’, emparentado co verbo latino gaudio ‘gozar, alegrarse’. Deste verbo deriva tamén o adxectivo gaudio- sus ‘alegre’, cuxo resultado galego gaioso ten presenza entre nós como topónimo e como apelido. Miragaia significa, xa que logo, o mesmo ca Vista Alegre . Miragaia é un nome que se repite na toponimia de Galicia e de Portugal, e ten presenza relativamente común no val de Fragoso. Ademais do nome dunha vía urbana da cidade de Vigo, entre as rúas do

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1